p/ Nieves Formoso Vidal.
Lembro sempre con moito agarimo os meus tempos escolares en Louro e Muros. Foi unha época bonita da miña vida na que aprendín e fixen amigos que aínda hoxe conservo.
En Louro, as primeiras letras aprendinas na escola de Dona Mari-Carmen e Dona Dolores. Mais tarde tamén acudín as clases particulares que daba o P. Agustín, do que gardo un gran recordo. Xa en Muros, para estudar o bacharelato fun a academia de Dona Katy, na rúa Axesta, e a Academia que había nos baixos do Concello.
A escola de antes pouco ten que ver coa de agora. O sistema de estudo agora e mais levadeiro e pouco ten que ver cos moitos medios dos que dispoñen agora as novas xeracións. Cando pensamos que kilos de libros puideran ser sustituídos por unha tablet?. Agora os métodos son mais modernos e se acompañan dun profesorado mais especializado na materia que imparten e dunha maior conciencia de que o alumno é, por enriba de todo, unha persoa a que hai que respetar. Do mesmo xeito, os alumnos na súa inmensa maioría, ven aos mestres como os seus preceptores e non como a persoas das que hai que escapar.
De antes para agora hai cousas que non cambiaron. E refírome aos moitos disparates que se dicían nas respostas ás preguntas dos profesores. Eu teño escoitado uns poucos e atrevinme a recopiar uns mais, e como a miña memoria non me alcanzaba a todos, engadinlle outros que fun recollendo de aquí e de acolá. Espero, que como a min, vos lembren o imaxin que tiñamos, que nunca era maldade; era… como era.
RELIXIÓN:
A Santa Trindade: Son o Pai, o Fillo e unha Palomica que vive con eles.
Onde foi bautizado Xesucristo: En Río Janeiro.
A soberbia: É un apetito desordenado de comer e beber, que se corrixe practicando a luxuria. Fe: É o que nos dá Deus para poder entender os curas.
Relixión: Caín matou a Abel cunha molleja de burro. (Custoulle, pero ao final conseguiuno)
MATEMÁTICAS
Polígono: Home con moitas mulleres. Área do triángulo: É igual á cuarta parte da metade do seu lado pola semisuma da raíz cadrada de tres. Que é un paralelogramo?: Un aparato que serve para pesar en gramos. Que é un ángulo recto?: O que non se desvía nunca. Que son números primos?: Os que teñen os mesmos avós. Quen era Pitágoras?: Un director de colexio que inventou moitas cousas e que non sabía escribir. Profesor: Un pintor tarda dúas horas en pintar unha parede e outro pintor faino en tres horas, canto tardarán en pintar a parede se o fan os dous xuntos? Alumno: Cinco horas. Ponme un exemplo de pentágono: A Casa Branca. Quen foi Enrique Octavo?: O que inventou as fraccións. Barroco: Estilo de casas feitas de barro. (como o seu propio nome indica)
Cal é o pico máis alto da península e onde se encontra?: O Aneto, que está nos Pireneos, en Francia. CIENCIAS NATURAIS: Movementos do corazón: De rotación arredor de se mesmo e de translación arredor do corpo. O corazón sempre está en movemento, só está parado nos cadáveres. Esqueleto do papo da perna: Está formado polo óso máis longo do corpo, que é o fémur que vai dende o omoplato ata a rótula. Terremotos: Son problemas internos que ten a Terra. Que significa leucocito?: Leu, animal, e cocito, pequeno. Partes do insecto: Son tres: in-sec-to. O sal común: Ten un curioso sabor salgado. Coñeces algún vexetal sen flores?: Coñezo. Glaciar alpino: Chámase así porque arrastra moitos piñeiros. Froitos secos: Entre eles está a laranxa, que se divide en varias partes chamados «grallas». Arterias: Son uns tubiños de plástico flexibles. Pediatra: Médico dos pés. Estimulantes do sistema nervioso: O café, o tabaco e as mulleres. Animais polares: Son a Osa maior e a Osa menor. A medula espiñal: É un tubo de 10 a 12 metros onde dicían os antigos que residía a alma. (e que o temos gardado moi enrolladito para que nos caiba ben dentro da columna vertebral). Minerais: Son animais sen vida. Fases da Lúa: Lúa chea, lúa nova e menos cuarto. Músculos do colo: Electrocleidomésticos.
Parasitismo: É a acción de parar unha cousa. Ósos do cranio: Son un frontal, dous parietais, dous orientais… (- Non home, os orientais son os chineses!) – Ah, si señor! Un frontal, dous parietais, dous chineses… Exemplo de fera salvaxe: O porco.
Derivados do leite: O arroz con leite. O mercurio: O mercurio serve para medir a temperatura e chámase termómetro clínico. Os vivíparos: Os vivíparos son o contrario dos ovíparos, entre eles está o home, que ten memoria, entendemento e vontade. Os mamíferos: Os mamíferos maman as substancias da nai. As eirugas: Non coñezo ningunha eiruga prexudicial, ou sinxelamente ao mellor vin algunha e ao meu modo de ver non era prexudicial. Traballo e enerxía: Traballo é se collemos unha cadeira e a poñemos noutro sitio, enerxía é cando a cadeira se levanta soa. (E forza é cando rompe a cadeira). Volcáns: En Mallorca está o Teide. A auga de mar solidifícase e sae polo cráter. (Si, ese que está ao lado dos Pireneos. Saen ata polbos nas erupcións). Terremotos: Son movementos bruscos que tragan as persoas. (Non me gustaría encontrarme pola rúa cun movemento brusco deses). O voltio: Foi inventado por Voltaire. (Voltaire é Deus) O cerebro: As ideas, despois de falar, vanse ao cerebro.
Aves prensoras: Son as aves que viven nas «prensas», sitos onde hai moita auga. Exemplo de galinácea que non sexa a galiña: O polo. Réptiles: Son animais que se disolven na auga. Anfibios: A ra ten unha fenda cloacal, pola cal lanza o típico son «cloac, cloac». Exemplo de parasito interno: As vísceras. Produtos volcánicos: As bombas atómicas. Glaciares: Poden ser por erosión e por defunción.
Prehistoria: A prehistoria comezou cando se extinguiron os dinosauros e rematou cando se inventou a imprenta. Paleolítico: Significa Idade de Pedra, porque os primeiros restos humanos eran de pedra. Un cadro de Velázquez: As xemelgas. Quen inventou o pararraios: Frankenstein. Barroco: Estilo de casas feitas de barro. Onde está o río San Lorenzo: No escorial. Que río pasa por Viena: O Vesubio azul. Afluentes do Douro pola dereita: Son os mesmos que pola esquerda. O Cid: Quixo armarse cabaleiro e buscouse un aldeán chamado Sancho Panza e foise por eses mundos. O home primitivo: Vestíase de peles e refuxiábase nas tabernas. O nome de América: non se debe a Colón senón a Américo «Bespúdrico». LINGUA: Linguas vernáculas: As que se falan nas tabernas. Quen foi Vicente Espinel?: O inventor da Capela Sixtina. (E o co-fundador da falanxe). Quevedo: Era coxo, pero dun só pé.