A Nosa Xente: D. José Lamela Penela

D. José Lamela Penela
Este sacerdote muradán naceu na parroquia de Serres no ano 1862, e faleceu en Santiago no ano 1928. Foi ordenado sacerdote no ano 1884. Foi coadxutor en Carral e Padrón, confesor de número da Basílica santiaguesa e corista en San Francisco, de onde saíu para facerse cargo como ecónomo de Carreira. De Carreira pasou a ser ecónomo de San Pedro de Muros onde o seu espírito evanxélico lle fixo vencer todas as dificultades que se lle presentaron. En Muros, puxo a andar a Conferencia de San Vicente de Paúl, axudando aos necesitados do pobo.
Picture10En virtude de concurso xeral foi destinado a Pastoriza (Coruña). Entregaralle seu pai 1500 pesetas para a súa instalación, pero os poucos meses xa as gastara, non en instalarse, senón nos probes mariñeiros. Nesta parroquia non foi menos a súa actuación benéfica a favor dos necesitados. Onde sabía que había unha necesidade, alí estaba el para remediala, logrando ocultar case sempre a súa man pródiga cos necesitados.
En Santa Columba de Carnota, onde foi trasladado no seguinte concurso, ordenou os seus familiares que tanto o millo, produto do igrexario parroquial, como o gran que lle entregaban como oblata, se repartira entre os mais necesitados da parroquia periodicamente. En certa ocasión visitando a un enfermo miserable e espido, pasou a unha dependencia daquela humilde casa e despoxouse de todas as súas roupas interiores para cubrir as carnes de aquel <irmán seu, que fora redimido coa mesma sangue que él> (dicía logo aos seus familiares e con un soriso na súa cara>. Recriminaba aos pais que enviaban os seus fillos a pedir, e lles dicía que eles, os pais, eran os que tiñan que facelo: pedir eles para os seus fillos, que esto non facía baixa a a súa condición senón que os dignificaba. Como párroco de San Juan Apóstol, en Santiago, continuou coa súa labor de axuda aos mais necesitados. Os seus veciños notaban que dende que él chegara había o medio dia, mulleres con cestos do brazo, esperándolle nos soportais próximos, e pensaban: moito lle regalan os feligreses a este cura novo. Hasta que casualmente foron notando que os cestos entraban vacíos e saian cheos e non solo que eran feligreses da parroquia, senón veciños tamén das feligresías de ría de Muros e Noia, feitos as esmolas do seu antiguo párroco, que viñan ex profeso…
Unha vez, en Santiago, compráronlle as sobriñas varias pezas de lenzo para facer sabanas… era a epidemia da gripe; aos `poucos días o cura deixou bacíos os roupeiros¡. Douno todo a quen o necesitaba.
Esta é, a grandes rasgos, a pequena biografía dun cura exemplar; de un home de caridade sen límites, que se entregou os demais sen pedir nada a cambio; dun home de Deus que levou a súa entrega os límites de non querer nada como propio para entregalo aos mais necesitados

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s