A voz dos Nosos Poetas «A VELLA DA A XESTA»

A VELLA DA A XESTA
p/ Marcelino García Lariño.
Picture46Choraba e chora na A Xesta,
Sempre o fai mirando ó mar;
A vella chora, e máis chora,
¿por quen estará a chorar?
¿Chorará polo seu home,
por seu fillo, por seu pai,
chorará polo seu noivo,
polo amigo, polo irmán?
Chora por calquera deles
que un día estando a pescar…
enguliuno unha galerna
e nunca mais veu voltar.
Calquera muller de Muros
sempre ten por quen chorar;
Non hai no porto familia
sen afogado no mar.
Hoxe, nunha estatua viva,
A vella sigue a chorar,
Mesmo na punta da A Xesta,
Soiña, fitando ó mar.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s