Fonte de Uhía (Esteiro)

p/ Elixio Vieites

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Uhía
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Picture44Fonte que se atopa ao pé do antigo camiño real que vindo da lugar de Mosterio no Freixo, pasaba na parroquia de Esteiro por Uhía, o Maio, Solleiros e Tras da Costa. A auga era fundamental nestes traxectos, nalgún lugar aínda se manteñen topónimos coma “Fonte dos Cabalos” (na ruta Noia-Santiago). A principios do século XX circulaban por aquí as dilixencias, coma a famosa ” Carrilana de Belermino”, que unían a parroquia de Santa Mariña de Esteiro con Muros por una banda, e con Noia e Santiago por outra. A fonte presenta no seu corpo central bloques de sillería de granito que lle dan aspecto de solidez, remata por enriba a modo de frontón con adornos en forma de semicírculos e una cruz gravada no medio . Deste corpo saen dous caños con abundante auga, que cae nunha pía de pedra. Ten un pequeno espazo que a encadra, feito de muros de mampostería e chan de lousas, con un pousadeiro para para os recipientes de carretar a auga.
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:

Haz clic para acceder a 22396CA018.pdf

(12 de 18)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo

Picture45

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s