p/ José Manuel Formoso Luces.
A tradición dos Beléns remontase a séculos atrás. Cóntase que foi San Francisco de Asís, no século XIII, o primeiro que tivo a inspiración de reproducir o nacemento de Xesús en Belén. En Muros e as súas terras, chegado o tempo de Nadal, existe dende sempre a costume de instalar Beléns nas casas. Un dos Beléns mais famosos de Muros e o que, ano tras ano, instala Felipe Martínez Caamaño (Felipe de Chuvasco), no baixo da súa casa, no campo da feira.
De grandes dimensións e primorosamente ordenado, conta con bonitas figuras que reproducen os mais diversos oficios das xentes daqueles tempos. A case totalidade das casiñas foron feitas por Felipe, con notable paciencia, non faltándolle detalle. Polo río e regatos discorre unha auga cristalina, e de moitos dos tellados das casas sae fume. Todo o Belén, en armoniosa composición, e visitado cada ano por mais persoas, que quedan sorprendidas pola beleza do “misterio”. O Belén de Felipe cada ano estrea algunha peza nova e para o seu montaxe conta coa axuda de dos seus amigos, xa que o grande da composición require de mans amigas que axuden a colocar os centos de pezas coas que conta esta magnífica reprodución do nacemento do Salvador.