Esquío (Sciurus vulgaris)

p/ Amado Barrera
E dos esteiros nos que os parrulos andan, subimos este mes aos muradáns montes, que o tempo invita e o colesterol obliga a diarios paseos.
Bueno, pois dende como unha boa ducia de anos para acá, contados a ollo de buen cubero, os montaraces caminantes deleitémonos un día si e outro tamén coas simpáticas ardillas que, asustadas da nosa presencia, corren coma lebres e suben polos pinos e saltar de pola en pola… ¿dixen ardillas? Ay, que o castrapo fai estragos, sexamos correctos, chámanse esquíos!!
Picture32esquío substantivo masculino Mamífero roedor do que existen diversas especies, de rabo moi peludo e longo que se cría nos bosques e se alimenta de froitos, insectos, ovos etc Os esquíos son moi vivos e lixeiros

Así define esta fermosa palabra galega a nosa “Real Academia” da Lingua. O único que non me cadra ben a min, galego recastado coma can de palleiro (pai de Ponteareas e nai de Valladolid) é que se lle teña dado un nome de xénero masculino a esta simpática e bel-la criatura.
Ben, pois eu non sei por qué sería que este áxil mamífero forestal é hoxendía tan abundante, porque todo o mundo me dí que “antes” non se vían. Misterios da naturaza?
Tamén pode ser que agora se pasea máis, pero é que “antes” traballábase máis o monte, e os vellos non din que vían ardillas, digo esquíos.
Certo é que hoxe todo o mundo que vai pasear leva o seu canciño, e o can cheira ao esquío de lonxe, ladra, corre, persigue impotente ao animal, que en un segundo está no bico do pino (do piñeiro, debo decir).
Picture33Pero mirade as fotos e veredes a ardilla que osóu entrar na miña finca da beiramar e subir á maceira!!!, Qué pánico pasaría a coitadiña ata que conseguín suxeitar a “Lúa” e metela na casa para que podese escapar.
Aínda non conseguín dilucidar se é ou non “lenda urbana” (lenda rural neste caso) eso de que está prohibido recoller piñas caídas e que o motivo é que son as que comen os esquíos, porque están abertas e os seus piñóns xa son comestibles…, sei que é certo que tal recollida está regulada en moitos sitios, porque non deixa de ser unha riqueza forestal, especialmente aló onde teñen pinos piñoneiros, que non é o caso de Galicia, que só sirven para o lume, ademáis de para os esquíos, claro. A ver se alguén é quen de resolve-la dubida esta, que xa vai empeza-la tempada de collelas e non é cuestión de arriscarse a pagar unha multa, que saería cara a colleita!!
Picture34O nome científico do noso esquivo esquío e Sciurus vulgaris, o esquío vermello, moito máis fermoso que o gris (S. carolinensis) que procedente de Norteamérica está estendéndose polas Illas Británicas e xa é o máis abundante nos seus parques e xardíns, agardemos e vixiemos para que non den o salto e se o dan devolverllelos!!.
O esquío non hiberna, pero pode pasar moito tempo durmindo no inverno.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s