Muros e os fondos europeos

Inés Monteagudo Romero,Técnico de Promoción e Inspección – Agader

Aínda que os fondos mariños da nosa ría, dos que xa se ten falado nesta revista, son un tema moito máis interesante e cercano, non é sobre eses fondos sobre os que trata este artigo, se non sobre os fondos europeos. Ao longo deste ano,Imagen20 no que houbo eleccións europeas, escoitamos que as decisión que se tomaban en Europa influían na nosa vida cotiá, ata o punto de que, pola aplicación da normativa europea, sabemos se as patacas que imos mercar son de Coristanto ou de Exipto. Imos tratar agora de acercarnos aos instrumentos financeiros cos que conta a Unión Europea (UE) e a algunhas das actuacións que, nos últimos anos, se teñen realizado no noso concello con cargo a estes fondos. Non é tarefa fácil, xa que son moitas e variadas as actuacións acometidas polas administracións públicas e por promotores privados que se financian con cargo a estes fondos, e que van, por citar as últimas coñecidas, dende as estufas de biomasa coas que o concello vai dotar a varios edificios públicos de calefacción ata o programa de mellora de camiños de titularidade municipal, xestionados ambos por Agader con cargo a fondos FEDER.

A UE conta con varias ferramentas financeiras para levar a cabo as políticas rexionais acordadas polos seus organismos, entre elas os Fondos estruturais e o Fondo de cohesión por un lado, e os fondos adicados á conservación e xestión dos recursos naturais, sinaladamente a pesca, a agricultura e o medio ambiente, por outro.

Os fondos estruturais financian a política rexional, contribuíndo aos obxectivos de cohesión económica, social e territorial das rexións europeas. En España aplícanse dous: o Fondo europeo de desenvolvemento rexional (FEDER), e o Fondo social europeo (FSE). O primeiro concede axudas para a construción de infraestruturas e investimentos produtivos que xeren emprego, o segundo financia principalmente actividades de formación, actividades que no noso país levan xa en cuestión bastante tempo. Para o período 2007-2013 a dotación financeira destes fondos é de 278.000 millóns de euros para toda Europa.

O fondo de cohesión, destinado a países cun PIB medio per cápita inferior ao 90% da media comunitaria, entre os que non está España, financia proxectos de infraestruturas relacionados co medio ambiente e os transportes. No mesmo período o importe asignado a este fondo acadou a cantidade de 70.000 millóns de euros.

Exemplo dosImagen21 investimentos en infraestruturas financiados con cargo aos fondos FEDER nos últimos anos témolo ben á vista no peirao de Muros, xa que a ordenación dos atraques na dársena interior financiouse con estes fondos.

Dos fondos adicados á conservación e xestión dos recursos naturais, sinaladamente a pesca, a agricultura e o medio ambiente, os que teñen mais presenza no noso concello, son os xestionados polo Fondo europeo da pesca (FEP), antes denominado instrumento financeiro de orientación á pesca (IFOP), e os que se xestionan a través do actual Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER), antes denominado Fondo europeo de orientación e garantía agrícola (FEOGA). Así os fondos da pesca teñen financiado actuacións que van dende a automatización das subastas na lonxa ata a creación de establecementos de hostalería, cal é unha das últimas actuacións que se está a levar a cabo no mesmo Curro da Praza da nosa vila, pasando, por exemplo, por actuacións no sector da acuicultura.

En canto a proxectos financiados con cargo aos actuais fondos FEADER, temos tamén no noso concello varios exemplos. Entre os de promoción pública, promovidos polo concello, podemos citar a rehabilitación e equipamento do edificio San Xosé, dedicado a Escola Municipal de Música, ou o alumeado do casco histórico de Muros. Lamentablemente nos últimos anos o concello non foi quen de promover outros proxectos propios que puidesen optar a financiarse con este tipo de fondos, xa que o previsto “Centro para a promoción e reinserción social de desempregados”, que se ía facer no polígono, parece que finalmente non se vai executar.

Si houbo algunhas iniciativas de carácter privado nestes últimos anos, cal foi a construción dun taller, dun tanatorio ou a rehabilitación dunha edificación para establecemento de hostalería. A pesar pois da crise galopante quedan aínda emprendedores e empresarios que están dispostos a apostar por Muros, e de feito, algúns dos proxectos que se están a executar actualmente no polígono contán con financiamento FEADER. Neses proxectos, e noutros que se leven a cabo, está o noso futuro. Se non somos capaces de aproveitar as escasas oportunidades que se presentan, de incentivar a creación de emprego e o desenvolvemento de iniciativas de carácter económico e social, non vai a haber fondo que nos chegue.

Como vemos, estar na Unión Europea supón moito máis do que pensabamos, supón non só a aceptación dunhas institucións e normas comúns, senón tamén a oportunidade de contar cunhas axudas que, en moitos casos contribúen a facer reais as ideas e proxectos dos nosos veciños.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s