p/ Elixio Vieites.
Tipo de ben: Porto, Concello: Muros Parroquia: Santiago de Tal Lugar: Cabanas (Tal) Cronoloxía: Descoñecida, Descrición: Antiguo peirao na parroquia de Tal de grandes perpiaños ao lado de outro máis moderno. O último, no que atracan pequenas embarcacións, é o que sae na foto da páxina do pxom, pero este parece moito máis anterior. Utilizado en outro tempo para o desembarco de lanchas que traían peixe, e sobre todo sardiñas, para as fábricas de salgadura que tiñan ao seu carón e das cales aínda se conservan as ruinas .Forma un conxunto etnográfico protexido do concello de Muros.
Propiedade: Pública Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Referencias bibliográficas:
Muros. Ronsel de Pedra. Espiral de mar. Deputación da Coruña Francisco X.Fernández Naval. Maribel Longueira,ISBN 84-95950-42-1
Haz clic para acceder a 22396CA015.pdf
Afeccións:
Ten camiño de acceso?: Si Está cuberto de maleza: Non Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Malo Atópase en perigo nestes momentos?:
Está caendo de vello. Os embates do mar aínda non poden cos grandes perpiaños, pero algún anaco está cedendo e ten pequenos derrubes.Ao estar ao lado de outro máis novo non se visualiza a necesidade de arranxalo
Onde está localizado: