p/ Esmu-Carnota
O bebé, a partires da semana 20 do embarazo xa pode oir. Por iso, aínda que o pqueno non poida entender as palabras que a súa nai lle di, é moi recomendable falarlle, xa que si que capta a musicalidade, o ton e o sentimento que a nai lle pon ás palabras que lle adica.
Nembargantes, as palabras non son o único medio que ten a mamá para comunicarse co bebé. A música tamén permite ao neno captar o estado de ánimo e contaxiarse do seu benestar. É máis, algún estudios científicos, afirman que o bebé é capaz de recordar ata o ano as melodías que escoitaron menetres estaba na barriga da súa mamá.
Escoitar música no embarazo ten numerosos beneficios tanto para a nai como para o bebé: estimula a frecuencia cardíaca no feto e a producción de endorfinas na nai. A través do oído, a música actúa sobre todo o ser humán, poñendo en marcha resonancias vibratorias que activan millón de células cerebrais, favorecendo o desenrolo do cerebro.
¿Qué tipo de música é a máis adecuada durante o embarazo? Dispois de estrudiar durante anos as reacción do feto en relación á música, o investigador inglés Michele Clements, chegou á conclusión de que a música barroca, sobre todo os sons harmónicos e agudos de Vivaldi e Mozart, calman e relaxan ao neno.
As conclusións de Clements confirmáronse coas investigación de Don Campbell, autor do libro “Efecto Mozart”, no cal relatan os experimentos que demostran cómo a música do compositor austríaco e, en Xeral, a música barroca, estimulan as novas conexión de neuronas no cerebro dos nenos, poruqe son ricas en simetrías e en modelos recurrentes que conseguen desenrolar tanto o hemisferio dereito coma o esquerdo, completando as súas función.
Os seus ritmos e as súas melodías estimular, ademáis a creatividade e as áreas docerebro especializadas en favorecer a motivación.
Así que … xa sabedes! Dende o minuto un, poñédelle música ás vosas lindas barrigas!!!!!