Refráns e ditos populares (II)

p/ José Manuel Formoso Luces
Seguimos cos refráns e poderiamos facelo eternamente, porque os refráns non se darían acabado. Forman parte do noso día a día e conforman a nosa maneira de ser. A petición de algúns lectores, neste número de TMT vou facer referencia a explicar uns que nos son moi coñecidos.
Home prevenido vale por dous:
Este refrán recomenda a cautela en tódolos ámbitos da vida. Da a entender que as persoas que obran con precipitación e imprudencia necesitan axuda ou necesitan empregar mais esforzos que as persoas precavidas ou tempradas.
O que con nenos se deita, mexado se levanta:
Indica este refrán a insensatez de manter relacións con necios ou imprudentes. O uso dos debese a súa condición simple e inocente.
En martes, nin te cases nin te embarques:
Este refrán indica a necesidade de non emprender negocios ou asuntos importantes en martes. Para comprender o seu significado temos que volver a mirada a Roma clásica na que os romanos estableceron os días da semana en virtude dos deuses os que se consagraban. Así, o luns era o día da lúa, o martes correspondía o deus Marte, o mércores a Mercurio, etc. Pois ben o martes correspondía a Marte, o deus da guerra e a discordia. A presenza deste deus garantizaba o desastre en calquer negocio que se emprendera: evitábase viaxar. Comerciar ou entablar relacións. E moi lóxico que evitaran tamén casarse, porque o matrimonio verificado en martes estaría rexido pola discordia. O martes era, en cambio, o mellor día para entrar en guerra.
A camiño longo, paso corto:
Recomenda este refrán non precipitarse nas tarefas que requiren moito tempo. En xeral, lembra que todas as labores e negocios necesitan moito tempo, e como dí o proverbio < a presa non e boa conselleira>.
Si non canta o galo, cantará a galiña:
Ten este refrán dous significados. O primeiro fai referencia a confianza de que algo bo haberá de vir, por unha parte ou por outra. O segundo significado aborda as relacións conxugais e sinala que si o varón non fai uso do seu tradicional poder, a muller apropiarase do dereito de organizar e mandar na casa.
Penas e olas nunca veñen soas:
O refraneiro sorprende sempre polo seu inxenio e graza; pero en ocasións amósanos os seus verdadeiros valores poéticos, coma neste caso. O carácter nostálxico e triste das olas do mar únese o dos dores humans, e, deste xeito, ofrece unha verdadeira xoia da poesía. Co mesmo significado, pero na súa versión proverbial, mais corta e axustada, expresase a seguinte sentencia:

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s