p/ Manuel Lago Álvarez
De Don Diego de III hai unha frase que se atribúe a él, e que di: . Con esta frase, (que e moi popular nas terras Muros), sentenciase cando unha persoa pretende facer algo polo seu pobo e os propios non o apoian. Algo parecida a esta frase e aquela outra, (tamén moi coñecida), que di: <ninguén e profeta na súa terra>. No caso de esta frase atribuída a Don Diego, o dicir popular forxouna polo feito de que o ilustre bispo muradán, e según o dicir popular, pretendeu construír en Muros unha universidade, e que non logrando apoio dos lugareños, foise a Salamanca, a fundala alí, nas terras de Castela. Pois esta crenza sigue no tempo, e cando algo que se quer facer en Muros, non recibe apoio, e logo se fai noutro lugar, pois lembrase a frase atribuída a Don Diego.
Pondo as cousas no seu sitio, xusto sexa recoñecer, que a Don Diego nunca se lle puido ocorrer fundar a universidade de Salamanca porque xa estaba creada cando il naceu no ano 1450. I foi así. A universidade emprazada na cidade de Salamanca e a universidade mais antiga de España que existe na actualidade e unha das catro mais antigas de Europa tras as de Bolonia, Oxford e París. O , xerme da universidade, foi instituído no ano 1218, i era en ese momento, o segundo mais antigo de España, tras o (fundado entre 1208 y 1214) e ademais foi a primeira institución educativa europea que obtivo o título de Universidade por unha bula de Alejandro IV no ano 1255. Así as cousas, ten que quedar moi claro, que o muradán Don Diego nada tivo que ver coa fundación da universidade de Salamanca.
Do que sí foi fundador en Salamanca foi do Colexio Maior do Salvador, que foi o cuarto el últimos dos colexios maiores de Salamanca, e que foi fundado o 21 de setembro de 1521, e tamén do Hospital dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, sendo director e organizador das obras, como apoderado e delegado dos Reis Católicos, sendo logo o seu primeiro director e administrador. Tamén interveu, xunto co notario López de Marzóa e o seu tío, o bispo de Canarias, Don Diego II, na fundación do , xerme e orixe da Universidade de Santiago. Tamén se debe recordar que Don Diego foi o impulsor da creación da Colexiata de Muros, que fora instituída por bula do Papa Alejandro VI no ano 1500.
Datos biográficos:
Don Diego de Muros III, naceu na Vila Muros no ano 1450 e faleceu o 18 de agosto de 1525. Era primo de Diego de Muros I, que foi bispo de Tui e Cidade Rodrigo, e sobriño de Diego de Muros II, bispo de Canarias.
En 1483 entrou a estudar no Colexio de Santa Cruz de Valladolid, graduándose en 1488 en Sagrada Teoloxía e inmediatamente foi ensinar esta materia na recen fundada Universidade de Sigüenza. Foi nomeado secretario do Cardeal de Don Pedro de Mendoza, Chanceler Maior de Castilla.
Tras a morte de Mendoza, renunciou ao seu cargo na Universidade pasando a residir en Santiago de Compostela onde se fixo cargo do deanazgo que posuía dende 1494. compaxinando, ademais, a administración da imprenta de Valladolid. Interveu na fundación do Estudio Vello de Compostela, erixindo o Hospital dos Reis Católicos e escribiu, ademais, diversos ensaios de corte humanista. O 4 de abril de 1505 , foi nomeado bispo de Mondoñedo e o 1 de outubro de 1512 , foi nomeado bispo de Oviedo.
A 21 de setembro de 1521 funda en Salamanca o Colexio Maior do Salvador , que máis tarde cambiou o seu nome para o Colexio de Oviedo, en honra do asento ocupado polo seu fundador Diego de Muros. Morreu o 18 de agosto de 1525.
En memoria de don Diego de Muros III, colexial excepcional da universidade de Valladolid, a rama masculina do Colexio de Santa Cruz de Valladolid instaurou o premio, «Diego de Muros» co obxeto de distinguir o estudante residente que se teña máis recoñecido pola súa participación na vida universitaria.