Novas de onte: A Peregrinación de 1937

p/ José Manuel Formoso Luces (Porrúa)

No Ano Santo de 1937, e concretamente o 24 de agosto, o Arciprestazgo de Entines, do que forma parte a parroquia de Muros, peregrinou a Santiago de Compostela. A peregrinación dos fieis da bisbarra estivo composta por unhas 2000 persoas, presididas polo Arcipreste de Entines e párroco de San Pedro de Muros, Don Ramón García Longo, o que acompañaban os párrocos das diferentes freguesías parroquiais, autoridades da Vila, e representacións do concello, Archicofradía do Apóstolo e de Peregrinacións.
A comitiva organizouse na alameda de Santiago, percorrendo esa vía e as rúas do Villar, Fonseca e Praza de España, facendo a súa entrada pola Porta do Obradoiro, na que foron Picture1recibidos polos coengos Sr. Coco Morante e D. Pío Gil. Durante a entrada, e o mesmo tempo que as mulleres cantaban o himno o Apóstolo, o Botafumeiro encheu de suaves aromas o templo catedralicio.
Dixo a Misa o Señor cura Párroco de Outes e pronunciou unhas breves palabras o Sr. Arcebispo, Mons. Tomás Muñiz Pablos. Unha vez acabou a Misa e os peregrinos abrazaron ao santo Apóstolo, os párrocos co seu Arcipreste ao fronte, cumprimentaron ao Sr. Arcebispo.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s