O faro de Montelouro

p/ Xokas Figueiras
Tipo de ben: Faro,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Montelouro
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Picture3O proxecto deste faro redactouse en 1860 e consiste nun pequeno edificio de planta rectangular de 11 x 10,20 metros; a torre é troncopiramidal de sección hexagonal e cunha altura de 5,30 metros, coroada por un balconciño lixeiramente voado sobre o que descansa o torreón cilíndrico que, a súa vez, soporta a lanterna poligonal de 1,60 metros de diámetro con cristais planos e montantes verticais. Os traballos finalizáronse en 1861. O seu aparato luminoso é unha lámpada de émbolo que utilizaba como combustible aceite, posteriormente substituída por unha de petróleo. A torre é hexagonal, da cor clara do granito do que está construída, e a lanterna octogonal branca; está unida á habitación dos fareiros. “ACENDIDO O 15 DE XULLO DE 1862.” Por aplicación da reforma do Plan de 1902, realízase un proxecto de reforma do aparato, acoplándolle un xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha máquina de reloxería. Así permaneceu ata o 18 de abril de 1949 no que se substitúen a lámpada Maris por un sistema de acetileno que co tempo se lle cambiou, esto significou a supresión do persoal que o atendía, agregándoselle o servicio ó de faro de Rebordiño, onde se situaría a residencia do técnico. Actualmente encontrase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica subministrada por seis módulos de 75 W/p. Reforma esta realizada a principios do ano 1993.
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
http://www.portovilagarcia.com/gallego/infraest_faros_historia_3.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s