p/ José María García Rodríguez
A cousa estaba fea. O alcalde mandou recoller os cans sen dono e metelos na falcona. O señor Manoel do Monte e Ferreirós portáronse coma os vaqueiros da Arxentina, que lles chaman «gauchos». Mais de vinte cadelos e cadelas aprisoaron a golpe de lazo. O alcalde quería que viñese o Cabo de Guardia Civil, que os cans matase a tiros e deitase os corpos no mar. Pra que os comeran os peixes. Pro o Cabo dixo: que il non tiña a dotación (munición y armamento) pra matar cans, senón pra defendela Patria. Podedes deprender. O alcalde dixo que o millor era deixalos morrer de fame.
As vintecatro horas alporizouse a xentiña toda, dende o Curro dos Touros a Fonte Vella. Cos ouveos e boubeos dos cans famentos niguén podía durmir. Pidian a cabeza do alcalde. Ou que lle dese de comer aos cans ou que dimitise. Non lle podía dar de comer aos cadelos porque non tiña presuposto o Axuntamento pra iso. Pois que os mantera il que os mandara prender. Cando mais fervían os ánimos, o Cacharulo, que estivera nos Estados Unidos, ofreceuse a levalos a «silla eléctrica». Pro en canto lle meteu corrente a unha cadela, revoltouse, mordeulle e os outros cans caseque o escuartexaron. Salvouse porque fuxiron todos co-il pola porta aberta. Correron direitos pra carniceiria e paparon medio becerro.
Os donos da carniceiria que era un matrimonio, pidia:
—¡Que nos pague o alcalde!
—Merda pra eles, repricou o municipe.
—iNon nos van a pagar os donos dos cans, porque nono teñen! jQue pague o alcalde!
—Merdiña, outra veceira.
Chegou o Cabo da Guarda Civil e desfixo o tumulto:
—O que non se cale e vaia pra súa casa, lévoo dereitiño deiqui pra cadea…
A dona da carniceiria choráballe ao Cabo:
—¿E quen nos paga noso medio becerro?
Díxolle don Emilio o Perito, moi compoñedor: —Señora, ten que botalo a pérdidas y ganancias…
Acabouse todo, menos os prantos da dona.