A guitarra

p/ Castor Montes Quintillán profesor de guitarra na Escola Municipal de Carnota.
A guitarra en calquera das súas variantes mais comúns, clásica, acústica e eléctrica é un dos instrumentos que nos podemos atopar na actualidade.
Picture17Para remontarnos á súa orixe non contamos cunha documentación precisa do desenrolo inicial do instrumento. Existen indicios de que había instrumentos semellantes polo menos dende o século XII pero non está demostrado que instrumentos coma o rabel, o laúd, a guitarra mora e a vihuela e demais instrumentos de corda comúns na Europa medieval sexan antecesores directos da moderna guitarra “clásica”. O que sí é indudable é que o seu desenrolo tivo lugar en España e que tódalas persoaxes que interviron na súa historia eran españoles. Guitarristas coma Fernando Sor (1778-1839) o cal compuxo máis de 400 pezas moitas das cales se consideran esenciais no repertorio da guitarra moderna, ou constructores coma Antonio de Torres Jurado (1817-1892) sin duda a figura mais importante en canto a fabricación e deseño deste instrumento confirman a importancia que tivo o noso país.
Picture18Polo xeral, a guitarra consta de seis cordas e a súa afinación mais común ( existen infinidades delas) é Mi na primeira corda, Si na segunda, Sol na terceira, Re na cuarta, La na quinta e Mi na sexta corda. Pódese tocar coa man dereita ( na esquerda se o intérprete é zurdo) tanto cos dedos coma cunha púa ou plectro e ademais dos dedos pode utilizarse un slide ou bottle neck na man esquerda ( na dereita se o intérprete é zurdo).
É inabarcable a cantidade de estilos nos que a guitarra ten protagonismo xa que o feito de haber instrumentos económicos e ser doada de transportar fai que sexa un instrumento moi popular e que esté extendido por todo o mundo.
Pode parecer engañosamente fácil ( non costa moito traballo aprender a rasguear uns acordes) pero é moi difícil atopar un bo instrumentista que realmente domine este instrumento, xa decía Ritchie Blackmore que por exemplo un saxofonista medio estaba moi por enriba coma músico a un guitarrista medio.
Na súa vertiente clásica destaca Francisco Eixea Tárrega (1852-1909) considerado universalmente coma o pai de toda a técnica moderna. E é imposible non falar de Andrés Torres Segovia (1893-1987) quen popularizou este instrumento por todo o mundo.
Non só no flamenco senón na música universal con maiúsculas, o recentemente finado Paco de Lucía, foi un home que acercou estilos musicais e un dos maiores creadores e instrumentistas das seis cordas. A súa obra fora do flamenco tamén é estremecedora, calquera melómano non pode deixar de abraiarse cada vez que escoita obras coma Friday Night in San Francisco xunto cos virtuosos do jazz e a fusión Al di Meola e John Mclaughlin.
Tamén hai que citar dentro das cordas de nylon toda a música brasileira coa súa Bossa Nova chea de grandes intérpretes que nos deleitan coas súas lánguidas cadencias.
A guitarra acústica de cordas de aceiro evolucionou en América do Norte na última metade do século XIX e principios do XX e no seu desenrolo teñen un papel destacado marcas coma Martin ou Gibson. É comúnmente utilizada en estilos coma o Blues,Jazz, Bluegrass, Folk, New Age, e, na miña opinión (que ninguén se rasgue as vestiduras J), o seu mellor intérprete foi Django Reindhardt, un xitano francés que ca súa Maccaferri abraiou ó mundo enteiro coas súas ardentes interpretacións de Gipsy-Jazz. Django foi un exquisito improvisador cunha técnica desbordante e todo un exemplo de superación persoal. Dous dedos da súa man dereita quedaron inutilizados despois dun fatídico incendio no seu carromato, e isto non lle impediu chegar a ser un dos mais grandes guitarristas da historia. ( Parece ser que no poker e no billar non era tan bo xa que o desplumaban con asiduidade ).
As primeiras guitarras de corpo macizo desenroláronse a partir das primeiras guitarras acústicas amplificadas. Éstos eran instrumentos acústicos aos que se lles colocaba unha pastilla conectada a un amplificador, o que levou ó instrumento a novas cotas musicais. Charlie Christian, pioneiro do Jazz e da guitarra eléctrica dixo que a partir dese momento, os guitarristas deixaron de ser robots que movían as mans, pero aos que ninguén oía no medio das Big Bands. Outro guitarrista, Les Paul, chegou a ser mais coñecido polas suas innovacións tecnolóxicas no campo das seis cordas, que polo seu indudable virtuosismo.
Dous Blues man de Chicago, Elmore James e Muddy Waters aproveitaron a potencia da guitarra eléctrica para aportar aínda mais intensidade e excitación ás súas actuacións .Buddy Guy, B.B. King, Albert King e Freddie King seguiron de cerca os seus pasos, mentres que Chuck Berry con un ritmo marcado e contundente disparou o bum do Rock and Roll a finais dos cincuenta.
Nos anos sesenta, moitos esforzados fans da xeración anterior acabaron por convertirse en estrellas do rock: Eric Clapton, Jeff Beck, Jimmy Page foron algúns deles.
Jimmy Hendrix probablemente sexa o guitarrista eléctrico mais importante de todos os tempos, e é o espello no que se miran os guitarristas da actualidade, xente coma Steve Vai ou Eddie Van Halen.
É imposible facer un xusto resume dun instrumento coma a guitarra en tan pouco espacio e, como o mellor xeito de coñecer a música é escoitándoa, deixo a continuación unha pequena lista de intérpretes e algunha das súas obras destacadas:

Duane Allman – The Allman Brothers at the Fillmore East.
Jeff Beck – Blow By Blow.
George Benson – Cookbook.
Chuck Berry – Johnny B. Goode.
Joe Bonammasa – The Borderline.
Kenny Burrell – Midnight Blue.
Larry Carlton – Sapphire Blue.
Eric Clapton – John Mayall’s Bluesbreakers With Eric Clapton.
Dave Gilmour – Wish You Were Here.
Peter Green – Fleetwood Mac.
Jimi Hendrix – Todo !!!!!!!!!!!!!.
Robert Johnson – Obra completa.
B.B. King – Live at the Regal.
Mark Knopfler – Alchemy.
Paco de Lucia – Todo !!!!!!!!!!!!!!!!.
Gary Moore – Blues Alive.
John McLaughlin – Live At the Royal Festival Hall. ( O meu disco preferido )
Pat Metheny – Jim Hall & Pat Metheny.
Wes Montgomery – The Incredible Jazz Guitar Of Wes Montgomery.
Jimmy Page – Discografia de Led Zeppelin.
Joe Pass – Virtuoso.
Baden Powell – Tristeza On Guitar.
Django Reinhardt – todo !!!!!!!!!!!!!.
Carlos Santana – Abraxas. ( O meu heroe)
Andres Segovia – Integral.
Steve Vai – Passion & Warfare.
Eddie Van Halen – Van Halen.
Stevie Ray Vaughan – Texas Flood.
T – Bone Walker – Classics In Jazz.
John Williams – Agustín Barrios.
Frank Zappa – Hot Rats.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Música y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s