A Nosa Xente: Luciano Piñeiro González

Nado na parroquia de Louro no ano 1924. Ingresou no Colexio de Herbón en 2º curso e, o termino dos catro cursos de Humanidades, fixo un bienio de filosofía en Santiago. Picture5Completou o Bacharelato superior no Instituto de Ensinanza media de A Coruña e fixo Maxisterio por libre nas Escolas Normais de Santiago e Palencia.
Durante longos anos exerceu como mestre en Venta de Baños e Peñafiel (Valladolid), ata a súa xubilación. Publicou traballos en diferentes medios de ámbito estatal. No ano 1958 gañou un primeiro premios de contos en Radio Nacional de España con un que levaba por título “El Retorno”.
Luciano Piñeiro fui una persoa aberta a todos. Conversador impenitente, escoitalo era gañar en saberes. Dende mozo decantouse pola literatura, en especial pola poesía. «A min gústame comunicar e transmitir vivencias, ilusións e tamén paixóns», afirmaba nunha entrevista. O Concello de Muros tributoulle unha homenaxe, pola presentación do seu poemario Aporías do tempo fuxidío.Picture6
Luciano Piñeiro publicou varias obras en castelán e galego, figurando entre elas, Intimalia, Con Deus a barlovento, Historias boubas e outras lilainas, e Vinte escollos de doxografía. Tamén destacan os seus poemas publicados na Antoloxía “Poetas de Herbón”.
Este ilustre escritor posúe varios manuscritos aínda pendentes de publicar,. Entre eles abundan os temas poéticos, cun destacado afán de proxección da terra que o viu nacer e a que nunca renunciou.
Falleceu en xullo de 2007, aos 83 anos de idade. Esculpido na súa lápida, un epitafio que amosa a sinseleza dun home bó que sempre será recordado pola súa grande humanidade e polo seu grande querer o seu Louro natal.

Xa todo é nada.
Pro Deus fica, de fronte a barlovento,
e diante DEL están axeonllados
tódolos meus saberes e sentires,
tódolos meus dicires e faceres,
diante de Deus están.

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s