p/ Manuel Lago Álvarez
A construción do edificio propio do convento, dátase no ano 1432. Esta data a aporta o Cronista franciscano Gonzaga, apoiadonse nunha Bula do Papa Eugenio IV que concede indulxencias aos que visitaran a igrexa en certos días do ano.
Nembergantes o ilustre franciscano P. Atanasio López di: antes do ano 1407. O convento, e sen dubida o que se menciona na bula do antipapa Benedicto XIII, que e chamado Santa María da Rale, na diócesis de Santiago>.
O analista Wadingo refuta a opinión dos que afirmaron que se debeu a fundación a D. Pedro Álvarez Mariño, opinión que tamén comparten os ilustres cronistas franciscanos Gonzaga, e o P. Jacobo de Castro, atribuíndo a fundación aos fieis da Vila de Muros, sumamente afectos a Orde Franciscana.
Sexa coma fora hai un documento municipal do ano 1820 (24 de febreiro), no que o concello de Muros contestando a un oficio do concello de Santiago, relativo a unha petición que se lle facía a Muros para que describirá a Vila, para unir o expedente para solicitar que voltase a Audiencia Nacional do Reino de Galicia a Santiago, o concello de Muros, ao referirse o convento dos franciscanos di: .
Anos antes, noutro documento municipal aparece o Concello da Vila como Patrono da capela maior do convento, asegún consta nun documento do ano 1725 sobre a renuncia feita polo P Gardián Frei Jacinto Rey, de unha pensión que por razón de padroado lle pagaba o concello, e tamén nunha acta municipal de 15 de abril de 1810, a Xustiza e Rexemento da Vila invitou os Excmos Sres. D. Gaspar Melchor de Jovellanos, ministro que fora de Gracia e Xusticia e o Marqués de Campo Sagrado, desterrados políticos que naquelas datas estaban en Muros, para que levasen na procesión do Vernes Santo as chaves dos Sagrarios da Colexiata e do convento, que ambas, dí a acta,
Tamén nas da Vila de Muros do Catastro do Marqués de la Ensenada do ano 1753. E aparte de que é un precioso documento que detalla nas súas cuarenta respostas o que era a Vila, como era a súa economía, os seus lindes, os nomes dos rexedores e propietarios, as medidas usadas para as terras, os tipos e o valor en Reais de Vellón dos froitos que daban; e as industrias, tipos e cantidade de embarcacións (pataches, pinazas e lanchas de falca e pesca) cos seus respectivos donos e rutas máis correntes, e actividades máis cotiás dos vecinos, etc… pois…na resposta 25 falase do convento de Louro, reafirmandose, unha vez mais, que o Patrono do convento era o Concello de Muros. A pregunta fíxose así: 25. Que gastos debe satisfacer el común, como salario de Justicia y Regidores, fiestas de Corpus u otras; empedrado, fuentes, sirvientes, etc., de que se deberá pedir individual razón.
25ª A la Veinte y cinco …………………………(pag12) Estos documentos aseveran de forma certa que o convento de Louro tiña por patrono o Concello da Vila, por razón de <fundación>.
Cando falamos dunha <fundación> estámolo a facer, non só do feito propio de articular a forma de construir o edificio e con qué medios económicos, senón tamén de cómo se fan as , esto é: que a través da institución de misas, aniversarios, e outros actos relixiosos a celebrar durante o ano, se dotase económicamente con esmolas e legados, ó convento para a súa permanencia.
En diferentes arquivos de Muros existen documentos da fundación de capelas como a de San Xosé, Santa Isabel e outras, pero non aparecen os relacionados coa fundación do convento de Louro. Nembergantes, sí que aparece mencionado o convento de Louro en multitude de documentos, nos que diferentes fieis dispoñen a súa vontade de deixar cartos para o convento en diferentes .
Así, entre outras, atopamos estas:
Nun tumbillo de pergaminos do ano 1435 se lles deixa un legado .
En Outro: Nunha manda de Fernán Boon morador que foi da Vila no ano 1421, se lle deixa. <…metade das ditas rrendas de quarto de casa a os frayres doratorio de san francisco de Muros, que me digan misas…>.
No testamento de Juan Gill, no ano 1563, dice: E así en moitos dos testamentos desas épocas.
E o tempo pasaba, e a vida no convento trascorría como o Santo de Asís o dispuxera: como un concurso e encontró de irmáns, coa práctica das virtudes franciscanas – humildade, obediencia e pobreza- que sempre foron o fio conductor cotidiano nas casas da Orden. Os frades adicabanse a oración e a cura de almas; e adicados tamén a extender por toda a bisbarra a palabra de Deus. Pero había mais. Os frades, que vivían da caridade, tamén facían caridade, atendendo aos mais necesitados. (continuará)