p/ Manuel Lago Álvarez
A mediados do ano 1919 creouse en Muros o “Pósito de Pescadores”. Din as crónicas que esta asociación foi constituída grazas a influencia das “prédicas” do sociólogo D. Alfredo Saralegui, capitán de corveta da Armada, e que o Pósito alcanzou, pese o pouco tempo que contaba de existencia, con gran florecemento. Tiña esta asociación unha Sección Cooperativa que facía aos seus asociados vendas de artículos de primeira necesidade e de efectos pesqueiros por mais de oitenta mil pesetas. Contaba nos seus inicios con uns catrocentos asociados e dende o ano 1921, estableceu unha Sección Cultural co funcionamento da Ensinanza primaria para a infancia, labor que foi encomendada o xoven licenciado en Dereito e mestre nacional D. Joaquín Fabeiro Fernández, a que auxiliaba, dado o considerable número de alumnos inscritos, o xóven D. Domingo Antonio Lojo Bori, Bacheller e alumno de Maxisterio.
A xunta inspectora estaba presidida polo Axudante de Marina D. Angel Alvariño Saavedra, alférez de fragata da Escala de Reserva, auxiliar do Corpo Xeneral da Armada.