p/ Elixio Vieites
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita…),
Concello: Muros
Parroquia: Abelleira (San Estevo)
Lugar: Campo da Ermida . A Rateira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Segundo a información da ficha do catálogo do pxom do concello de Muros do ano 2010, a Pedra das Cruces é un batolito de 1,5 m. de ancho por 1,80 m. de altura que posiblemente foi desprazado do seu emprazamento orixinal. Na súa cara sur ten gravados alomenos 14 cruces (as que hai que engadir tres posibles cruces de factura actual). A maior parte son cruces latinas dun tamaño de 15 por 19 cm. e o suco ten unha anchura de 2 a 3 cm. Algunhas semellan ter sido remarcada en tempos recentes. Esta a carón da canle do río de San Lourenzo, afluente do Rateira. Río arriba estaría a Ermida de San Lourenzo, hoxe en día desaparecida.
A Pedra das Cruces ten certo parecido coa Pedra da Pía, no Monte do Pedregal de Esteiro ao que se refire o traballo de Mª Aurora Lestón Mayo e Milagros Torrado Cespón, atopándose a 2,6 km ao Noroeste, ao outro lado do pedregal abrupto de batolitos que separan as parroquias de Santa Mariña de Esteiro e San Estevo da Abelleira.
O folclore tamén recolle a existencia da Laxa Borrateira . Esta rocha é unha das referencias mitolóxicas máis coñecida polos habitantes das poboacións da Pendente, Trasdacosta, Tal e Abelleira, e practicamente todos os veciños coñecen algunha das diversas versións da lenda que sitúa nestas paraxes a San Estevo.
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15053045
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA007.PDF pax.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Unha pista chegou a carón dela e parou mesmo a uns metros enfronte. Ao seu redor hai restos de lixo e está inzada de maleza na súa contorna.
Onde está localizada: