2015: Ano do centenario da Protección Social Esteirana

P/Francisco Abeijón Núñez.

Foi en 1915 cando un grupo de esteiráns encabezados por Domingo Brea Olveira e por Francisco García Romaní se decidiron en crear a asociación que, andado o tempo, se convertiría na principal institución da parroquia de Esteiro no século XX.
Na propia casa dos Tampudos en Solleiros tivo lugar o 8 de marzo de 1915 a xuntanza fundacional da asociación agrícola, benéfica, instructiva e cooperativa LA PROTECCIÓN Picture4SOCIAL ESTEIRANA. No artigo primeiro dos estatutos alí aprobados polos catorce socios fundadores quedaría plasmada a filosofía deste tipo de asociación “…es una asociación ajena a toda idea de lucro que se propone agrupar en su seno a todos los agricultores de la localidad sean pequeños propietarios o arrendatarios, así como a los que desempeñando otra profesión o siendo obreros de cualquier industria residente en la localidad, deseen acogerse a los fines que la sociedad persigue…”. Francisco García, dos de Farruca de Reboredo, saiu elixido o primeiro presidente, cargo que ocuparía ata o ano 1920.
Os retratos destes dous fundadores da sociedade serían colocados no salón de actos da casa da sociedade, en memoria la labor que desenrolaron a prol da Protección Social Esteirana, ata que en 1936 unha vez ocupada a casa polos franquistas os seus familiares tiveron que pasar o trago de ir a recollelos diante dos sublevados.
O funcionamento da Protección Social Esteirana foi sempre asambleario. Facíase una xunta xeral anual no mes de xaneiro. No primeiro ano de vida, en 1916, o rexistro de socios acadaba 53 asociados. Había tamén asembleas mensuais para adoptar os acordos ordinarios, e servindo a reunión do mes de xuño para facer balance na metade do exercicio.
Picture5A sociedade foise consolidando, medrando e ampliando os seus servizos como cooperativa e sendo a principal tenda da parroquia, dotada de abundante surtido que adquirían directamente nos almacéns de Vigo. Pronto se establecerían relacións comerciais tamén nos portos da Coruña e Vilagarcía. E mesmo, a partir de 1926, crearon unha unha caixa de aforros como sostén financeiro da asociación, chegando a manexar importantes cantidades de diñeiro. Este feito non lle pasaría inadvertido á Administración de Facenda que lle instruiría un expediente en 1930. A sociedade foi que de pagar importantes intereses e así conseguiron atraer os aforros dos emigrados e navegantes da parroquia.
Logo de varios cambios de sede. En 1916, de Solleiros trasladáronse para a Insuela alugando a casa de Esperanza Brea Romero. Pero en xullo dese mesmo ano, volverían a mudarse gracias ao ofrecemento de D.Enrique Romaní Ferrer, que gratuitamente cedería a parte norte da súa casa situada na ponte de Esteiro. Alí estarían ata que se fixo en 1920 a “casa da sociedade”. Na nova casa e con fondos sociais, nese ano de 1920, poríase en funcionamento por primeira vez unha escola que tería como mestre a D.Francisco Rodríguez Suárez. Don Paco, sería unha personalidade clave no desenrolo da Protección Social Esteirana e do socialismo muradán.
Cáseque dende os inicios os asociados se mostraron dispostos a participar en política como un instrumento para mellorar a vida dos veciños. Pretenderon desplazar o vello caciquismo do poder municipal e colaboraron coa Unión Patriótica durante a dictadura de Primo de Rivera. Despois aplaudirían a chegada da segunda república española con una gran celebración na que según as crónicas da época “ata cantaron os mudos e se emborracharon os abstemios”. En febrero de 1936 lideraron a fronte popular e presentaron para a alcadía de Muros aos socios Manuel Tobío Romaní e José Veloso Mayo.
Iniciada a sublevación militar franquista, o espíritu da Protección Social Esteirana tivo que fuxir canda as persoas que marcharon a bordo do “Santa Eulalia” e do “Santa Rosa” rumbo a Bilbao en territorio republicano. A casa da Protección Social Esteirana sería asaltada e malvendida polo novo réxime. A cooperativa foi arruinada. E a xente que aquí se quedou sería reprimida e aldraxada.
O vindeiro ano 2015 , debemos que ser capaces de celebrar o centenario da principal institución na parroquia de Esteiro. A Protección Social Esteirana tróuxonos no primeiro tercio do seculo XX: a liberdade, a solidariedade e a modernidade. E polo tanto debemos sentirnos obrigados a rememorala para que as vindeiras xeracións non esquezan o que fixeron os nosos devanceiros.

Anuncio publicitario

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s