A Nosa Xente: Agustín González López

Agustín González López, naceu na parroquia de Louro, o día 15 de xaneiro de 1923. O seu pai, Agustín, era canteiro, namentres que súa nai Dolores, traballaba nunha conserveira.
Comezou os seus estudos primarios no convento Franciscano de Louro. A súa capacidade de traballo e as súas grandes aptitudes intelectuais fixeron posible que aprobase catro cursos de Humanidades dunha soa vez. Este exame valeulle o ingreso directo no Seminario Franciscano de Santiago, polo que non tubo que cumprir ningunha etapa no Seminario Seráfico de Herbón.
Picture6Rematado o noviciado, procedeu a realizar a profesión relixiosa de votos simples. Despois principiou unha etapa na que cursou estudos de Filosofía e Teoloxía. Foi, xustamente neste tempo cando se manifestou por primeira vez a vocación intelectual de Agustín. Non so era un dos alumnos mais brillantes, según consta no seu expediente académico no que abundas as máximas calificacións, senón que aínda tivo tempo por interesarse por disciplinas que acabarían constituíndo, andando os anos, motivo de interese e investigación para o ilustre Lourean.
Rematados os estudos de Teoloxía, Agustín foi destinado ó Seminario Seráfico de Herbón, no que desempeñou o posto de profesor de Lingua e Literatura durante tres cursos. O mesmo tempo, a sona de bo orador do xoven sacerdote foi medrando entre os seus superiores, que decidiron envialo, nunha etapa que había de resultar longuísima, a exercer a predicación, primeiro en Galicia e, mais tarde, en diversos lugares de España.
En 1950, formou parte, xunto a outros tres relixiosos, dun grupo seleccionado para realizar unha fundación en Zamora,como paso previo ó establecemento dun colexio franciscano de segunda ensinanza. Unha vez rematada a fundación, os seus superiores retomaron a idea de facilitar a preparación universitaria de Agustín, enviándoo a Madrid ou Salamanca, esta vez coa intención de estudar Filoloxía Románica. Sen embargo, a popularidade e o respecto que o P. Agustín gañara nos seus anos en Zamora. Nembergantes, a brilantez das súas actuacións de apostolado e o seu coñecemento da realidade zamorana, fixeron que non prosperase a idea. A estadía prolongouse durante sete anos, nos que Agustín desenvolve un inmenso traballo de apostolado e concienciación relixiosa. Non cabe dúbida de que esta foi a época en que o traballo e a capacidade de Agustín González obtiveron un maior recoñecemento. A facilidade e a enerxía do seu verbo, a rotundidade das súas palabras e o engado da súa voz facilitáronlle o acceso a algúns dos púlpitos mais importantes do momento. As súas predicacións son escoitadas na Basílica de Guadalupe, en Salamanca, en Bejar, nas Catedrais de Lugo e Zamora… En mais dunha ocasión, fala ante o goberno e o exercito durante a celebración da Festa da Infantería en San Francisco el Grande de Madrid. En 1957, e por expreso desexo do arcebispo de Compostela, o Cardeal Quiroga Palacios, foi chamado a predicar a Novena do Apóstolo Santiago, unha das maiores honras que se lle podía conceder a un sacerdote de tan só trinta e catro anos.
Picture7Pasados os anos regresou, por orde dos seus superiores, a Santiago, onde asumiu as tarefas de dirección de “El Eco Franciscano”. En 1960 foi seleccionado xunto a un grupo de relixiosos, para a denominada <>. Cruzou o Atlántico e coñeceu a fondo a Galicia que tal vez acumula maior cantidade de sufrimento: a dos emigrantes. Pronunciou conferencias de contido relixioso, en galego, na Casa de Corcubión e no Centro de Betanzos. Entrou en contacto cos asociados do Centro Gallego, do Lucense,do Ourensán, da Casa de Galicia…. A súa viaxe e estendeuse aínda por Uruguai e Brasil, onde tamén entrou en contacto con distintos colectivos de emigrantes.
O seu regreso a Galicia coincide co inicio dunha etapa escura na vida de Agustín González. A súa natural elegancia, o seu sentido da discreción, obrigábano a gardar silencio sobre uns anos nos que se fraguara o seu abandono da vida sacerdotal. En 1965 solicitou a súa secularización e o abandono da vida sacerdotal.
Trasladouse entón a Louro, á casa paterna, onde subsistía grazas a unhas clases particulares que impartía a algúns rapaces da zona. Sete anos despois, en octubro de 1972, contraeu matrimonio con Dona Teresa Losada Vázquez. O matrimonio instalouse na cidade herculina, onde Agustín atopou pronto un considerable grupo de alumnos ós que impartir clases particulares. O seu talante e a súa preparación integral, facilitoulle a posibilidade de dar clases de materias tan diversas como Latín ou Física, Historia ou Francés. Teresa, a súa muller, foise erixindo na compañeira fiel, na amiga que apoiou incansablemente a un escritor que atopou, nestes anos, o seu momento de maior fecundidade literaria.
En efecto, a década dos setenta foi especialmente fructífera para a obra de Agustín González. A cotío enchía ducias de folios nos que ían quedando poemas, pequenos relatos, apuntes para posibles novelas, palabras de especial eco poético… Foi tamén o tempo dos concursos literarios nos que Agustín se mostrou especialmente certeiro: Primeiro premio de poesía galega na VII Festa da Cantiga da Coruña, polo poema <Invocación da terra>; primeiro premio Xuntanza de Novena Corta, por Crónicas da Soedá (cun xurado composto por Gonzalo Torrente Ballester, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xesús Alonso Montero). Premio Arenteiro das Festas da Mimosa de Carballino, polo poema , (con Don Ramón Otero Pedrayo presidindo o xurado), e así, unha morea mais de premios.
Agustín González nunca esqueceu a súa terra e os súas orixes. Continúas visitas o seu Louro natal onde atopaba gran parte da súa inspiración. Agustín González finou un trece de xuño de 1989. A morte, esa fouce misteriosa e inaprazable, puxera fin á existencia dun ser humano extraordinario, sacerdote admirado polos seus fregueses, profesor querido polos seus alumnos, muradano e galego exemplar. Oxalá a súa memoria, perpetuada a través da súa obra literaria, permaneza inmorredoira no tempo, como tan só sucede con aqueles que, como Agustín González López, merecen o cualificativo de auténtico, admirable e esencial poeta.

(Biografía extraída do libro <Agustín González, escritor muradán>, editado polo concello de Muros no ano 1996)

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s