p/ Manuel Lago Álvarez
Tamén colaboraban os frades coas fegresías dos arredores en diferentes actos litúrxicos. No ano 1807, son un total de 95 relixiosos os que asisten ao cabodano do falecemento de dona Juana Calderón de Montes, e xa en novembro de 1975 asisten en número de 23, en Muros, os actos de conducción, funeral e sepelio de meu pai Fernando Lago Lorenzo.
Algo importantísimo foi a función dos franciscanos no eido da cultura. No ano 1816, o rei Fernando VII dispuxo que os conventos cumpriran a función de escolas de primeira ensinanza, pero no caso moi concreto do convento de Louro, xa os frades viñan ensinando a nenos, mozos e vellos, a ler e escribir, dende moitísimo antes. Como moitas veces, nas terras de Muros adiantámonos, e neste caso para ben.
Este facer dos frades no eido cultural dou pe a que o convento de Louro se convertira no ano 1891 na primeira escola seráfica, acollendo os estudos de Humanidades e despois os de Filosofía. Este recoñecemento como escola oficial durou ata o ano 1897, pero aínda así os frades continuaron coa súa labor, conseguindo que os rapaces de Louro que o quixeran, adquiriran un nivel de coñecementos moi superior o do resto do concello. E isto foi unha realidade que hoxe e tanxible. No século pasado moitos loureans e tamén muradanos poideron acceder a estudos superiores grazas ao facer dos franciscanos e moitos deles ata chegaron a vestir o hábito.
Dende a súa creación a vida conventual sigueu sempre coas tareas tradicionais: oración, culto, servizo pastoral, cultivo da horta, algunha gandería, e tamén, como xa se dixo, a labor cultural, tan e tan importante que estaban a realizar. Pero un feito incomprensible veu a trastocar a vida dos frades e por extensión, a vida da comarca. A desamortización de Mendizabal do ano 1835, supuxo a exclaustración dos frades e a venda polo goberno dos edificios e terras.
A «desamortización de Mendizabal» implicou a venda do edificio do convento do PP. Franciscanos de Louro, xunto coa secularización dos monxes que alí vivían. Este confiscación, aplicada en toda España, foi outra das iniciadas no século XVIII, e foi poñer no mercado, e previa expropiación forzosa as terras e propiedades que ata entón non podía vender e que estaban en posesión das chamadas «mans mortas», ou sexa, a Igrexa Católica e as ordes relixiosas, que os acumulara como beneficiarios habituais de doazóns, testamentos e fundacions. Esta aprehensión española mostrou as seguintes características: a apropiación polo Estado e por decisión unilateral de bens inmobles pertencentes ás «mans mortas»; venda dos mesmos, e distribución dos recursos de vendas para a amortización dos valores de renda fixa».
Así, por decreto real do 29 de outubro de 1835 foron suprimidos todos os mosteiros e conventos de homes. No caso do convento de Louro, os pasos para botar aos frades foron moi rápidos, pero non así a venda das terras e edificios, o que aconteceu o 22 de xullo de 1848. (trece anos despois da exclaustración). Tras a poxa, os bens foron adxudicados, a D. Manuel Venancio Martínez, na cantidade de 6.230 pesetas . Os frades deixaran o convento en 9 de decembro de 1835. (Os quince anos entre secularización e venda, significou que as instalacións, abandonas sufriran unha deterioración moi acentuada).
Expulsados os relixiosos, só quedou alí, e temporalmente, o Gardián P. Guntín e o P. González. Estes, xunto co resto dos frades, abandonados os hábitos, estableceronse en Muros (algúns en Louro), así como proba unha carta do Prior da Colexiata Muros, D. José Antonio Guiance Caamaño de 14 de febreiro 1836, dirixido ao Secretario do Arzobispo, que di: «Os monxes deste convento, que foron secularizados e deixado o Santo Avito, aínda subsisten nesta Vila, i entre eles o predicador da tabla, etc.»
Os relixiosos expulsados foron vinte, e todos foron acollidos en casas de Muros e Serres, onde viviron ata a súa norte, nos anos posteriores.
Ao recoller e aloxar os franciscanos nas súas casas, veuse, unha vez a solidaridade das xentes de Muros e Louro, que fixeron o que tiñan que facer: acoller a aqueles que nada tiñan.
Logo de pasar por diferentes donos, no ano 1873., os testamentarios da familia García Pan, devolveron os bens os franciscanos.
No ano 1875, acondicionadas as dependencias elementais, regresan os franciscanos ao seu Convento. O dinámico P. Coll e o laborioso aragonés fray Antonio Polo, contando coa xenerosa prestación persoal e aportacions das parroquias, de Louro e Muros conseguiron en só tres anos restaurar a maioría das dependencias. Os mesmos infatigables frades, sempre coa inestimable colaboración dos pobos próximos, alzaron as 14 torres do Viacrucis no lado oriental do monte. Obtido un Breve do Papa Pío IX, procederon á súa inauguración no ano 1878. Este Vía crucis (o que chamamos Calvario), con motivo da efemérides centenaria, foi notablemente renovado e reinaugurado en 1980.
Moito mais se podería dicir i escribir acerca do Convento de Louro. Quedáronme por relatar a doazón do Muradano Ignacio Suárez no ano 1806, de 61700 reales, que supuxeron unha morea de obras e reformas nas instalacions; da súa permanente labor a favor dos mais desfavorecidos e da súa labor pastoral (tal vez o mais importante entre o importante).
Con todo, a presenza dos franciscanos foi, i é unha demostración palpable dhun facer constante. Pasaron os nosos antergos, pasaremos nós, mais as obras non pasarán, quedarán para o recordo das xeracions futuras.