Casorio frustrado

Marcelino García Lariño

Casilda da Cirigüela marchara moi nova polo mundo adiante. Estivera en moitos sitios e cidades de diferentes nacións e disque, era vox populi no lugar e na parroquia, que en ningún deles andara, precisamente, en moi bos pasos que digamos.
Xa tería cumpridos os vinteseis anos cando a Cirigüela tornara ó lugar. Alugárase na casa do señor Perucho o Peituga, un velliño sen familia, moi eivado, que xa pasaba dos oitenta e sete anos, xordiño, cun reumatismo crónico á vista, sen dentamia e escadrilladiño de ves.
Picture16Tiña si, o Peituga, moitos bens, moitos ferrados de terra, dabondos cartos no Banco e unha xubilación que xa lle daba bastante para vivir, paga-la moita contribución que tiña ó seu nome, o aluguer da Casilda… e aínda lle sobraban cartos.
Un día presentouse no xulgado Casilda da Cirigüela dicíndolle ó oficial que lle tocou atendela, que se viña casar polo civil.
–Moi ben –faloulle o empregado– ¿Ulo o noivo?
–Está aí, na sala de espera.
–Pois que pase –díxolle o funcionario–. E ela, de moi mala gaña, refungando, contestou:
–Non sei se poderá. –E foi a buscalo.
Ó cabo chegou a Casilda cun vello que apoiaba dun lado nun bastón, e do outro no ombreiro da rapaza. Ó entrar saudou:
–Santos e bos nos dea Deus. Co seu permiso vou sentar. –Como vedes, o vello debía ser moi educado.
–Sente, sente –contestoulle o escribente mentres se dirixía ó despacho do señor xuíz a pór en coñecemento deste o que pensaba daquela tan absurda coma ilóxica parella.
Entón acudiu solícito o señor xuíz. Ó ver á parella, dirixiuse á Cirigüela:
–Este –sinalando para o vello– é o seu mozo, ou avó do seu mozo.
–Este é o meu mozo –respondeu ela.
Daquela o xuíz faloulle así ó señor Perucho o Peituga:
–¿Vostede sabe ó que ben?
–¡Ouh! Seille, si señor. Non lle é a primeira vez que veño. O que pasa é que desta quenda tardei moito porque a cousa non se lle me puxo a xeito como eu quería.
–Pero imos a ver. ¿Vostede sabe ben onde está?
–Claro que o sei, señor: Na barbería. Xa mo dixo ela ó saír da casa na aldea: “Veña comigo a vila a corta-lo pelo”.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s