Novas de onte: o comedor de inverno

p/Manuel Lago Alvarez

O domingo 23 de maio de 1937, en plena guerra civil, inaugurábase en Muros o “comedor de Auxilio de Invierno”. Da nova faciase eco o xornal “El Pueblo Gallego”, na súa edición do 25 de maio, sinalando que no comedor se atenden a “cien niños de los muchos necesitados que hay allí y que hasta ahora habían estado en el más completo estado de abandono”.
Picture2O xornalista,na súa crónica, non desperdiciou a ocasión para lanzar unha advertencia aos “tirios”, ao escribir: “No es Muros, sin embargo, un pueblo donde los vecinos correspondan con entusiasmo, pues aún existen muchos pudientes que no contribuyen en la Ficha Azul”.
A bendición do local correu a cargo do párroco de Muros, Don Ramón García Longo, asistindo unha morea de autoridades locasi, entre elas o xefe da Falanxe local, Don Alejandro Goyanes, e as delegadas provinciales de “Auxilio de Invierno” e de prensa e propaganda e a xefa local da Sección Femenina de Pontedeume.
O párroco, na súa intervención tivo palabras de eloxio “para esta maravillosa obra de la F.E.T.”, e ao empezar os nenos a comer, tódolos asistentes cantaron co brazo en alto o himno da Falanxe.
Continuaba o cronista invitando aos veciños de Muros a visitar o comedor e asegurando que: “aún los más reacios contribuirán a esto, que quizás por no conocer no atienden con el entusiasmo debido”.
Pese aos intentos, non fun quen de coñecer en que rúa estaba ubicado este “Comedor de Invierno”. Parece que os mais vellos son reacios a lembrar estas efemérides.

Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario