A presenza dos franciscanos en Louro e Muros (I)

p/ Manuel Lago Álvarez

Muros e as súas terras, atesouran historia, e como parte importante dela, é a existencia do convento dos PP. franciscanos, que coa súa presenza ao longo dos séculos foi capaz de dar contido e vida, e vida abundante, non só o fermoso enclave de Louro, senón tamén a Muros e as súas terras.

Picture25Para empezar, hei de dicir que non se pode desvincular a presenza deste convento da peregrinación do Santo de Asís as terras de Compostela aló polo ano 1214. Certamente non está moi documentada a presenza de San Francisco, para render culto ao Santo Apóstolo, pero os datos que se teñen son máis que suficientes para saber que a súa visita as terras do Finisterre, deixaron unha pegada que perdura no tempo.
Lembro a letra dunha canción, que di: . E non se borraron nin se borrarán; as palabras de Francisco foron palabras de Vida Eterna, e como tales, seguirán no tempo; pasaremos nós, mais as verbas non.
Aos poucos anos da visita do Santo a Compostela, comezáronse as obras de construción do Convento de San Francisco de Santiago. Moi concretamente no ano 1222. Pero he aquí, que un ano despois foi fundado o heremitorio de Louro. Feliz foi a iniciativa e feliz foi a coincidencia. Os Eremitorios eran pequenas ermidas onde vivían un o mais frades, ao estilo dos Pais do Deserto do Cristianismo. Vivían en oración e recollemento, o que lles permitía aos frades ou ermitaños, poder cultivar en paz a su propia vocación particular.
Unha das preguntas que se nos impón, e a de porqué este convento neste lugar e non en outro. A resposta a da a nosa fermosa ría e a súa porta de entrada: MONTELOURO, que, cos seus 241 metros de altura, conforma un enclave único, tanto para gardar as embarcacións coma para vixiar a presenza doutras naves.
Picture26Durante séculos as nosas costas foron asoladas por innumerables pobos estranxeiros que con afán claro de roubar chegaban as nosas terras deixando un rastro de sangue e fogo. Estes actos de piratería están ben documentados e foron moitos. Durante séculos, centos de piratas e corsarios pasaron polas nosas terras asolando todo canto encontraban. A última delas foi a invasión dos franceses en marzo de 1809.
Temos noticias de que os Normandos, nos seus intentos de atacar Santiago de Compostela, elixían o camiño das Rías de Arousa e Muros. Como consecuencia destas incursións os pobos da costa quedaban bacíos entre marzo e novembro (época de mellor tempo climatolóxico), para así evitar ser vítimas mortais de tan crueis ataques.
Os ataque normandos foron moitos e variados. No ano 844 despois dun falido desembarco na Coruña, asolaron as nosas costas. En 856 e 861 volveron a asolar as rias baixas. No ano 968, unha expedición danesa (os famosos vikingos) con mais de cen barcos e varios miles de soldados, ao mando de Gunderedo, entrou nas nosas rías, permanecendo aquí por espazo de dous anos, mentres preparaban o asalto definitivo a Compostela que se produxo en marzo do 970. Esta invasión de Gunderedo foi o detonante para que se construísen as Torres do Oeste de Catoira, como fortificacións que fixeran fronte os ataques. As fortificacións de Montelouro virían mais tarde, nos tempos do bispo Gelmirez, e foron destruídas no ano 1589, pola flota de corsario Drake, que logo do seu intento falido de tomar a Coruña, refuxiou a súa flota o amparo de Montelouro, antes de dirixirse a Vigo.
Reinando en Galicia Bermudo II, no ano 997, Almanzor asolou Compostela despois de que o bispo Pedro de Mezonzo evacuara a cidade. Na súa campaña Almanzor mandou as súa cabalería por terra, e a infantería por mar. Está perfectamente documentado que os jabeques do caudillo árabe, bordeando a costa, saquearon Oporto, Tui, para logo xuntas (infantería e cabalería) tomar Santiago que foi saqueada durante días. Podémonos preguntar ata onde chegaron os jabeques mouros: Pois a… Montelouro. E aquí foi embarcado parte do tesouro apresado.
O Bispo Pedro de Mezonzo tras este terrible torrente de destrución, adicou unha intensa e rápida labor de restauración das súas cidades e vilas, visitando algunas delas, entres elas a de Muros, onde consagrou a parroquial de San Pedro, chamada así, precisamente na honra do santo do bispo, que logo, en tempo foi recoñecido como Santo.
A pesares de todo, os actos de piratería continuaron. Entre 1048 e 1066 o danés Ulf, a que se lle coñecía por , pola súa prolongada actividade de saqueo no solo galaico,. volveu a traer o terror as vilas costeiras.
Volvemos a Louro. Como vimos, saqueos constantes ás vilas da costa, e presenza dos invasores durante tempo nas terras que estaban a saquear. E como dixemos, barcos de todo tipo ao amparo de Montelouro, coa presenza de xentes doutras terras e doutras culturas, coa influencia que iso supoñía para os lugareños, provocou que as autoridades eclesiásticas viran a necesidade de RECRISTIANIZAR as xentes. Ista maneira de proceder de fai 800 anos non e nova. Hoxe en día a Igrexa sigue facéndoo, enviando misioneiros a terras e pobos non moi lonxanos de nos. Esa recristianización, téñase en conta que non ia dirixida aos de Louro, senón aos de Muros. No século XVI Louro tiña unha poboación de 57 habitantes, namentres en Muros era de 460.
Así aparecen os franciscanos nestas terras de Louro. No punto xusto onde era necesario actuar, e pouco despois de que Francisco de Asís estivese en Compostela (1214), e meses despois de que se comezaran as obras do convento de San Francisco de Santiago (1222). ¿Podemos considerar a este Convento de Louro como a segunda comunidade franciscana de España, despois da de Santiago?. Pois caseque me atrevo a dicir que si. E tamén podemos dicir que foron os franciscanos os fundadores da parroquia de Louro. Vindo os franciscanos de Compostela, o mais normal, (e así foi), que a parroquia se puxera baixo a advocación de Santiago Apóstolo. (continuará)

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s