p/ Manuela Tajes
O actual escudo de Muros foi aprobado pola corporación municipal en sesión de 11 de outubro de 1957. A proposta fíxoa Don Ramón de Artaza Malvarez, en base a un detallado e rigoroso estudio histórico. As referencias mais antigas sobre o escudo de armas de Muros lévannos a diferentes documentos, entre outros un pergameo de confirmación de privilexios dados á Vila polo Rei D. Sancho IV en 1280, feito por Felipe II, no 1571, no que aparece como distintivo da Vila, un rombo no que no fondo destacase un castelo de ouro con tres torres e apoiándose no castelo, a esquerda, e en actitude rampante, un león, tamén en ouro, e a ambos lados dividida a palabra MUROS, e todo dentro do citado rombo. Como curiosidade e de destacar que ao longo dos séculos, o rabo do león sufriu dunha mobilidade non xustificada. Así, nunhas reproducións o rabo aparece mirando a esquerda e noutras a dereita.
Nunha copia do ano 1616 da Bula de creación da Colexiata de Muros, que fora otorgada polo Papa Alenjando VI no ano 1500, colócase a un lado da orla que a rodea, unha carabela. Este signo da carabela ten unha procedencia coñecida, xa que o usaba a Vila por concesión dos Reis Católicos, como premio aos muradáns por haber contribuído os seus habitantes con dúas carabelas á conquista de Málaga, no ano 1492.
Postos na actualidade, o escudo oficial consta de tres cuarteis. No dereito, un castelo con tres torres de ouro, sobre campo vermello; no esquerdo, un león rampante coroado en ouro en campo de prata, e no inferior, en fondo azul, unha carabela sobre o mar. No alto, sobre os cuarteis, duas cunchas peregrinas, como simbolo de pertenza do dominio particular do Señorío do Apóstolo sobre a Vila, e rodeando o brasón os títulos de Muy Noble, Muy Leal e Muy Humanitaria, que dende antergo ostenta a Vila, coroando o todo a Corona Real española, como signo de pertenza a España.