p/Amado Barrera
Qué bonita vos é esta gran ave de praia, có seu longo pico, comprimido lateralmente, vermello alaranxado e robustas patas rosadas, con cabeza, peito e partes superiores de cor negro, en contraste có puro branco das partes inferiores. Destaca unha larga franxa alarbranca, obispillo tamén branco (é o tramo final superior do tronco, xusto antes da cola, que é branca e negra). Os que aínda non son reproductores teñen unha bufanda branca na gorxa.
É moi gárrulo o ostreiro, o que significa que mete moito barullo có seu incansable “pic-pic-pic”, longo trino silbante, que comeza lento e varía en volumen e rapidez, ou, cando se alarma, un estridente “cliiip, cliip”.
Gustalle toda a costa e illas de todo arco cántabro-atlántico, e moito os esteiros (aínda que tamén visitan os herbales do interior). As veces nidifican lexos da auga. As bandadas descansas, de marea a marea, en islotes e bancos de area. Manuel Lariño fíxolles estes retratos en Cabanas e disque pódense ver cae que a diario no intermareal frente á Virxe do Camiño, e tamén se teñen vistas na praia de LOURO. Come entre rochas e fangales. Sabe despegar as lapas e atrapar bivalvos con asombrosa habilidade, e tamén cangrexos e camaróns.
Fotografía cedida por Manuel Lariño