Presentacións de libros en Muros

O domingo 7 de setembro, o restaurante O Castelo, en Muros, acolleu a presentación do terceiro libro do autor muradán José Manuel Bermúdez, publicado pola editorial Finisterrae Ediciones.
Picture23O libro presentado, que leva por título “Mucho antes de ser mujer” é unha novela cuxo argumento xira arredor do mundo das drogas e dos que se atopan detrás dese negocio. Unha historia contada en primeira persoa por unha moza que experimenta, desde a súa infancia ata a súa adolescencia, un período durante o cal a súa vida dá unha serie de cambios debido as circunstancias e as súas relacións. É un libro de ficción cun certo ontido de advertencia cara aos rapaces e rapazas que se deixan engaiolar polo poder e pola ambición.
No presentación, falaron o representante da editorial, José Castro; a psicóloga muradá Raquel González Bermúdez, e o autor da obra, José Manuel Bermúdez, quen explicou con todo detalle os pormenores da novela. Logo, despois das intervencións, o escritor firmou exemplares da súa novela.
A obra, que foi tamén presentada en Noia e Barcelona, está xa a venda na web da editorial, (pode ser descargada en formato PDF), e nas librerías de Muros e do resto de Galicia.
Este é o terceiro libro publicado por José Manuel. Os anteriores foron: “De la luz a las tinieblas” e “Muros, un mar de historia”, editado por 2.0 Editora. En carteira, seguro, queda algún outro que de seguro que, a non tardar, verá a luz.

Picture24A revista dixital «The Muros Times» e as súas páxinas de Facebook («I love Muros» e Muradanos Na Diáspora) organizaron o sábado 13 de setembro a conferencia e visionado audiovisual da obra de José Sendón «FALANDO CLARO». Ao acto, que se celebrou nos Locais do Centro Social de Louro, contou cunha importante presenza de público, que puido coñecer máis sobre a vida deste veciño de Louro, Claro José Sendón, dirixente anarquista nos anos da II República, e que faleceu no ano 1937, á idade de 40 anos.

O autor, José Sendón, nunha longa disertación, fixo unha brillante exposición sobre o perfil biográfico de Claro Sendón, remarcando o seu compromiso social coa clase obreira, á que adicou, desde ben novo, tódalas súas enerxías. Nun próximo número de TMT, publicaremos os feitos máis salientables deste loitador loureán.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Presentacions y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s