p/Elixio Vieites
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos…),
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Creo
Outra denominación do ben: Local Social Esteiro
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A casa da sociedade empezouse a construír no verán de 1919 para ser o local da Protección Social Esteirana. O edificio, construído de cachotería e cadeirado de granito, ten tellado a dúas augas e fachada principal mirando ao leste con tres portas. Na segunda planta ten un balcón que ocupa todo a fronte da fachada ao que dan outras tres portas. Nas seguintes reformas acométense reedificacións da casa ampliándoa polo sur en 8 metros de longo e 7 de ancho, con cinco luces na planta baixa e seis na alta, seguindo as características da xa edificada. Foi comprada polo concello en época recente de mans privadas, logo de ser usurpada durante a guerra, e rehabilitada,funciona como Local Social de Esteiro . A Sociedade “La protección Esteirana” nace en 1915 para agrupar a agricultores e traballadores e loitar por fins comúns e cooperativos. Durante a Segunda República, pronunciaron discursos nesta casa, xentes da categoría de Castelao, Suárez Picallo, Álvaro de las Casas e Formoso Piñeiro. En 1936 a casa da sociedade foi saqueada e oficialmente clausurada e o fascismo usouna como local de represión: malleiras, cortes de pelo, e tomas de aceite de ricino. Foi embargada en 1938 por falta de pago á contribución industrial.
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
Agrelo Hermo, Xosé. Abeijón Núñez Francisco. “A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro”.Cuadernos Cruceiro do Rego nº 11. ED. Toxosoutos 2004.ISBN 84-96259-31-5
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUROS/documents/22396CA012.pdf ( pp. 21 de 26)