«A confiansa levárona os ingleses.» (dito de Muros)

p/ Manuel Antonio Franco

 Na mañá do 4 de xuño de 1805 o señor Yeo atopábase na cuberta do HMS Loire mirando para Montelouro. Na marina estaba fasendo carreira. Entrara con 10 anos e con 22 era primeiro tenente nun buque da súa maxestade… bo momento para progresar, este, no medio das guerras napoleónicas.

A fragata Loire, mandada polo capitán Maitland, ca súa envergadura e cos 44 canóns que portaba, podía ter problemas se se enfrontaba cos buques insignia inimigosImagen6 como o Argonauta ou o Bucentaure, de 80 pezas, aos que a Royal Navy andaba buscando co Prince of Wales ou o Victory, de 98 e 110 respectivamente. Pero este era o xogo que mantiñan Calder-Nelson e Villeneuve-Gravina, non o seu. A súa misión, que xa duraba tres anos, era acosar e raposear ós barcos franco-españois que se puxeran por diante.

Para iso sí que estaban ben preparados… que lles pregunten ós da faluca Esperanza, alias Don Pedro, da Coruña, capturada dous días antes na bahía de Camariñas; ou o propio Loire, de fabricación francesa e apresado sen ter cumprido o ano de servicio ás ordes da Revolución, aló no outono do 1798, cando fuxía despois da batalla de Tory Island na costa noroeste de Irlanda. Realmente eran expertos.

Na bahíaImagen7 de Muros, outra presa: un corsario francés de 26 canóns que semella preparado para a navegación. Maitland ordena dirixir o seu barco ó interior da ría, deixando Montelouro e os areais de San Francisco á babor. Ás nove da mañán, antes de doblar Rebordiño, unha pequena batería de dous canóns que non avistaran sorpréndeos abrindo fogo sobre eles. El sabe que non supón un grave perigo, pero é unha molestia que hai que eliminar.

O capitán Frederick Lewis Maitland, que coñecera a bahía de Muros cando servía como tenente no HMS Kingfisher, unha balandra de 18 canóns, tamén estaba progresando nunha guerra que lle gardaba unha sorpresa final. Quen lle ía dicir, alí, na cuberta dun barco de tamaño medio e planeando o apresamento dunha pequena embarcación francesa na costa galega, que o invencible Napoleón Bonaparte, despois da derrota en Waterloo, se rendiría a el e que o levaría a Inglaterra cautivo no HMS Belerofonte, un buque de terceira clase con 74 canóns que o almirantazgo inglés porá nas súas mans.

Pero esto será dez anos máis tarde. Agora confiaba na capacidade da súa tripulación e sobre todo nun tenente Yeo, que xa demostrara a súa valía na toma Imagen8de posicións inimigas en terra, coma en Cesenatico no 1800, na costa adriática italiana.

«Hoxe é o anviversario dos nosos soberanos e ímos dedicarlles esta victoria!», arengou o capitán. O primeiro tenente e outros 49 homes elexidos ármanse e embarcan nos botes para dirixirse rápidamente á costa e tomar a batería inimiga. O desembarco nunha zona rochosa non é doada e o baluarte segue cuspindo proxectís, pero unha vez en terra, os defensores, 8 artilleiros e 10 homes de apoio, fuxen despavoridos en canto ven a forza e determinación dos soldados ingleses con Mr. Yeo á fronte.

Desde ese punto de observación privilexiado e mentras os seus soldados desmontan e inutilizan as 2 pezas artilleiras do baluarte, ve como a Fortaleza que hai á entrada da Vila está disparando sobre o Loire con bastante puntería, impactando no casco do buque unha e outra vez. A fragata vese obrigada a cambiar o rumbo para protexerse e enfrontar mellor o contraataque. Tamén ve fondeados non un, senón tres barcos; a veloz e mariñeira nave corsaria La Confiance de 26 canóns e o bergantín Le Belier, de 20 carronadas de 18 libras, ambos de Burdeos, e a un bergantín mercante español en moi mal estado. Ningún deles estaba disparando, polo que advertiu que non estaban pertrechados para a loita.

Quedaba como único obstáculo Fortaleza da Vila, que incluso sen a axuda dos barcos de guerraImagen6 seguía sendo un enemigo a ter en conta. Protexéndoo hai 22 soldados españois, varios cabaleiros e xente do pobo. Tamén contan cun reforzo de 100 homes do buque Le Confiance. Seguramente non consigan afundilos, pero o intercambio de disparos podía causar a morte de moitos dos seus compañeiros.

Mr. Yeo decatouse da existencia dunha porta aberta na Fortaleza. Os defensores, confiados na consistencia dos muros que os protexían e centrados no navío atacante, non se percibiran do punto débil que supuña a porta sur!. El sí , polo que sen esperar ordes e encabenzando ós seus 49 compañeiros asalta o forte.

Na entrada hai un centinela francés que dispara en canto os vé e corre para refuxiarse dentro. A porta está aberta e desprotexida. Entran e no medio da praza Mr. Yeo atópase ó governador do posto e acaba con el dun solo golpe rompendo o seu sable en dous anacos. Mentras, a súa tropa despacha ós outros oficiais e a cantos se lles poñen por diante, anque a maioría da guarnición se retira na parte traseira da Fortaleza para fuxir saltando desde as troneiras ás rochas da praia, salvando unha altura de 25 pes.

Iza a Union Jack no forte. A praza está tomada, os defensores vencidos. Cero baixas, 0K. En cambio o inimigo perdeu 12 homes, entre os que se atopoan o governador do forte, un cabaleiro español, e o subcapitán do Le Confiance, e hai 30 feridos.

As leves feridas que Mr. Yeo e os seus homes teñen son un prezo pequeno polo enorme botín conseguido: dous barcos, o La Confiance (que non tiña canóns a bordo) e o Le Belier (o bergantín español, dado o seu estado, quéimano na bahía), e os 12 canóns de 18 libras da Fortaleza. Ademáis, os dirixentes da Vila entréganlles o contido dos almacéns a cambio de que deixen tranquilos á xente do pobo. Mellor así, cargar e marchar canto antes, sen excesos e sen abusar da pobre xente que pouco pode ter. Pola contra, é numerosa e son moitos os barcos do lugar fondeados na bahía que, anque sexan pequenos e esten mal armados, poden supoñer un gran problema se a situación se torce.

Como despedida disparan e inutilizan as armas de fogo que quedaban na Fortaleza e no baluarte e tíranas ao mar. Tamén destruen os carros dos canóns e reventan as troneiras ca pólvora que atopan alí. Os 40 barrís que lles sobran así coma outros dous pequenos canóns de bronce e 50 soportes de armas, lévanos á bordo.

Marchaban cuns magníficos trofeos para Inglaterra, onde serán recibidos con honores, recoñecementos, medallas e espadas. Non estarán nestas coordenadas cando unhas semanas despois, o 22 de xullo, as escuadras de Calder e Villeneuve se enfronten á altura de Fisterra noutro asalto dun combate que culminará en Trafalgar ca victoria inglesa.

Por esta acción de guerra a James Lucas Yeo nomearano máster and commander e o almirantazgo porá nas súas mans o HMS Confiance rearmado e preparado para navegar.

Mandará outros navíos e ascenderá a capitán, comodoro e comandante xeral, combatindo a españois, franceses e esclavistas (abolicionista convencido) polo Caribe, os Grandes Lagos ou a costa occidental de África, antes de morrer por enfermidade nunha viaxe de volta a Inglaterra desde Xamaica en agosto do 1818.

 «A confiansa levárona os ingleses.»

(dito de Muros).

Pois si, levouna Mr Yeo…

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s