Fotografias: Nieves Formoso Vidal
O venres 20 de febreiro, na aula de informática da Casa da Cultura de Muros, a revista The Muros Times tuvo a honra organizar a presentación en Muros do libro de Pepe Sendón “FALANDO CLARO”, sobre a vida do dirixente anarquista Claro José Sendón Lamela.
Ante un público entregado, no nome de Jorge Lago, (director de TMT), o editor da revista Manuel Lago dou lectura a unhas notas enviadas por Jorge nas que amosaba o seu agradecemento ao autor polo gran traballo realizado; un traballo biográfico sobre unha persoa singular, profundamente entregada aos seus ideais, e que nado na parroquia de Louro, e de humilde condición, chegou a alcanzar gran notoriedade na España republicana.
O autor da obra, Pepe Sendón, agradeceu a colaboración de TMT na presentación do libro, e nunha corta pero profunda intervención, fixo un percorrido pola vida de Claro Sendón, dende o seu nacemento en Louro ata a súa morte en New York, no ano 1937.
Na lembranza do ciclo vital do anarquista loureán, o autor recordou a Claro Sendón como un fillo de labregos que daba conferencias; un neno que vendía xornais nas rúas de Bos Aires e como un autodidacta que compartía estrado con ministros. Pepe Sendón tamén defineu a Claro como un loitador incansable na defensa dos mais débiles.
Toda a disertación de Pepe Sendón estivo acompañada dunha presentación audiovisual, con grande aporte de fotos e documentos do recordado Claro Sendón Lamela.