A matanza do porco en Serres

José Vázquez Rama (Pepe do Conde)

As aldeas van cambiando e con elas costumes ancestrais que se perden no tempo. Unha delas é a matanza do porco. Criar un porco nunha casa era case a garantía de ter a despensa chea para moito tempo. Ter un porco na casa era como terImagen17 unha bendición. No meu Serres natal, Case non había casa que non criara un ou mais porcos.

A base fundamental da alimentación de todo o ano dependía deses porcos que, entón, pasaban na casa cerca dun ano, Engordábase con patacas, verduras, fariña de millo e/ou calquera outro alimento que se tivese a man, pero case nunca con pensos, xa que nos tempos de antes non existían na cultura alimenticia do lugar. Os que nacemos na aldea sabemos ben que a mellor alimentación é a natural.

A miña casa coñecíase e coñécese pola casa do “Conde”   -aínda que nen antes nen agora fomos nobres, tan só xente de aldea criada no traballo- e nela tamén había porco. Eu, de pequeno, esperaba con ansia pola matanza, que sempre na nosa aldea foi unha das actividades colectivas mais arraigadas e colectiva, xa que nela participaban familia e amigos ao tempo que se realizaba un traballo esencial para a «supervivencia» de todo o ano, tratábase dunha «festa» que duraba máis dun día.

O traslado do porco dende a corte ao banco da matanza -o traballo do experto matachín- e a recollida do sangue para facer as «morcillas» eran a primeira parte da faena. Despois, coller a palla ou a ramada para queimar o pelo do animal, e Imagen18deseguido lavalo ben con auga, frotando con esmero con pedra do país, e seguir limpado cos coitelos. Colgalo, abrilo para sacar as tripas e posteriormente lavalas para logo ser usadas co fin de facer os chourizos. Aos días seguintes «festa rachada»: preparar a «zorza» para os chourizos e derreter os rinchóns. Eran días de moito traballo especialmente para as mulleres que realizaban a maioría das faenas. E no medio de todo, que non faltara a caña e o brandy para os homes e o Sansón ou Anibal para as mulleres,E que tampouco faltaran bromas, anécdotas nen moita retranca. Lémbrome dunha do señor Andrés de Jeilla que con 95 anos lle dicía a unha veciña «veinteañera» de bo ver que se dispoñía a coller o coche para ir traballar: «Gloria, ven tomar unha copiña muller, a ver polo que nos da despois…».Os nenos tiñamos que conformarmos coa laranxada da “Pitusa” ou coa gaseosa que dou a coñecer entre nós o apelido do noso presidente… É esta unha tradición xa case extinguida e xa son poucas as familias que na parroquia aínda engordan os porcos na casa para a matanza, xa que é difícil encontrar quen axude a realizar os traballos, ademais que cada vez somos menos no lugar e tamén a normativa para estas “festas”, é moi europea.

Con todo, quédanos o gran recordo do gran sabor de todo canto o porco daba de si: os chourizos caseiros, as morcillas, as carnes mortas, os callos, o cocido e o seu caldiño, e tamén o encontro de familiares e amigos que arredor do sufrido animal engrandecían os seus lazos de amizade.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Vivencias y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s