Cousas de por Muros e arredores

p/ Manuel Lago Álvarez

Como cada catro anos chegan os meses de escoitar,(iso sí, moi corrixidas e aumentadas), diferentes… vamoslle chamar “perliñas”, que son parte da nosa maneira de ser, e que polas terras de Muros sonche coma os airiños da “feliz primavera”, que se esperan como quen espera as andoriñas.

Quén non foi algunha vez increpado con un “vaites-vaites”, ou con un “reconos”, pois esas perliñas serían as menores, que outras peores poderiamos escoitar para gozo e deleite de grandes e pequenas orellas.

Os galegos, (e un pouco mais os muradáns), facemos do insulto un arte. Di o saber popular que non ofende quen quer, senón que pode, i esto e unha realidadeImagen14 no día a día.

As xeracións novas quedáronse con pouco. O mais que se lle pode escoitar e un “gilipollas”, “parvo”,”estúpido”, e pouco mais. Pero tendo como temos un léxico tan amplo, a cousa estraña bastante. Creo que, en parte, porque as novas xeracións usan mais outro tipo de expresión mais “psicodélicas”, vamos… mais acordes cos tempos que corren nos que as novas tecnoloxías priman sobre o saber antergo.

Pois chega a tempada de escoitar, -sexa en voz alta ou polo baixiño-, unha morea de expresións que farán a delicia dos propios para alporizar aos alleos. Eu Imagen15estou seguro que estas “perliñas” non se dirán con ánimo de afundir a quen vaian dirixidas. Bueno, un pouco si, pero en todo caso formarán parte do “gran teatro”.

Aí vai unha pequena escolma das “perliñas” mais usadas nas nosas terras. Unhas son moi conocidas e outras menos. Seguro que faltan moitas mais, pero con estas seguro que a diversión está garantizada. Non inclúo expresións que xa forman parte dos andares de tódolos días como poden ser:  prepotente, parvo, gilipollas, soberbio, corrupto, chulo, mentireiro, carca, etc.

“As Perliñas”

Argalleiro: armador de jaleos. Imagen16

Baldreu/bandallo/porcallán: Persoa sucia

Barallocas/ falangueiro: Que fala en exceso ou sen sentido.

Camándula: Hipócrita

Chafalleiro/trangalleiro: Desordenado, despistado

Choromicas/ mexericas : Chorón

Bulebule: Que todo o toca e desordena. Que non ten parada.

Cacharulo: Que ten grosas as nádegas.

Cacholán/a: Utilízase para designar a todo aquel privado de razón e de miolos, que realiza as accións sen pensar , e con desastrosas consecuencias.

Caguiñas: Apoucado, chaíñas, cobarde, cagainas, cagaíñas, cagán, cagarolas.

Chapón: Persoa que come con voracidade. Galdrumeiro.

Chocalleiro: Que ten por costume dicir ou facer chocalladas (bromas ou chanzas de dubidoso gusto).

Comeca: que fai as cousas por interese persoal.

Farfallón: Que ten moi pouco coidado no seu traballo.

Fazañeiro: Que alardea das súas fazañas.

Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso.

Langrán: Que ten aversión polo traballo. lacazán.

Lareta: Indiscreto, que todo o divulga.

Lercha: Prostituta

Esmorgante: trouleiro, juerguista

Fachendoso/farruco: Prepotente.

Farrapento: Cutre, mal vestido

Gordecho/a: Gordiño/a

Lacazán: Aquel que non quer traballar.

Lercho: Dise da persoa que come e bebe demasiado.

Mexeriqueiro ou Mexiriqueiro: Persoa remilgosa ou mimarralleira.

Mexevo: tonto, pero que non o é do todo.

Pailán/ pailaroco: Ignorante, inculto.

Papamoscas/ papaxouvas : Falto de iniciativa

Moinante: Arteiro, astuto. Aplícase á persoa que utiilza métodos cariñosos para consegui-lo que quere.

Palabreiro: Persoa que promete moitas cousas e logo non cumpre.

Pándego: Dise da persoa amiga das farras e diversións. Canfurneiro, carallán,

Panxolas: Dise do que sabe capta-la vontade doutro con enganos e gabanzas.

Paxoco: medio bobo.

Pedichón/a : o que pide por pedir.

Pendejo: que vive a conta de quen se deixa.

Prosma: Persoa lenta, pesada, tardona.

Quinquillan: persoa de dubidosa reputación e modais que se adica a vagar polo mundo aproveitándose dos demais sen proporcionar nada a cambio.

Peposo/a: dise daquel que non coida o seu aspecto diario e resulta repugnante para os que o rodean, ademais de demostrar unhas facultades intelectuais reducidas.

Rapatundas: Dise do que por apoucado aguanta tundas de todos.

Raposeiro: Astuto, malicioso, raposo, zorro.

Remendafoles: Caguiñas.

Rexoubón: Murmurador, que soe falar mal doutras persoas.

Rifeiro: Dise de quen é amigo de andar en rifas ou liortas. Rifante.

Rincheiro: Que ri con estridencia, ensinando os dentes.

Trampuzas: Persoa involucrada en negocios sucios.

Trapalleiro: contador de trolas.

Valdreu: persoa despreocupada de calquera asunto que defrauda constantemente a confianza dos demais.

Quiñolán: persoa ridícula, xa sexa polos seus actos ou polos seus comentarios; alguén que sempre queda coma un inferior, sen ser digno de respecto.

Rexoubón: Dise de todo aquel que expresa opinións negativas sobre os actos dos demais coma se el pudera facelo moito mellor inda que non teña coñecementos ó respecto.

Taravelo: Persoa que acepta a vontade dos demais sen discusión, alguén sen decisión.

Xan: Persoa de pouca personalidade que é manexado por todos.

Zalapastrán: Baldreu, pastrán, fargallón, bandallo, persoa sucia e mal amañada.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Vivencias y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s