O xeito é a forma mais selectiva de pescar a sardiña, (Sempre baixo o meu humilde entender), e consta de unha longa rede, de forma rectangular, denominada como arte de deriva. Consta de tralla de corcho, tralla de plomo, é unha unica rede de enmalle, (quero suliñar “unica rede”, para xustificar a miña tese de rede selectiva). A luz de malla oscila entre uns 25 e uns 40 milímetros, è dependendo de si o peixe e mais ou menos grande, así se usa a malla. Estas redes despois de armadas, non deberían ter mais de 15 metros de altura, e de largo cada peza uns 90 ou 100 metros, (digo cada peza, por que unha “cacea” así é denominado o conxunto de pezas que unha embarcación pode levar), sempre dependendo da capacidade da mesma. (Antes cando todo era libre seguramente levaban as que querían, pero agora non creo que lles permitan levar mais de 10 pezas).
A tralla de corcho, (ou a parte de arriba da peza, a todo largao dela), ia armada con unhas pezas de corcho de forma circular con un abuxeiro no medio, polo que se facía pasar a tralla (ou cabo) e a todo o seu largo repartíanse os chumbos de uns 5 ou 6 centímetros de diámetro, separados entre si, como uns 15 ou 20 centímetros. Estes corchos teñen a función de aguantar a rede vertical para que a malla se aguante aberta, facilitando a introdución da cabeza da sardiña, para que sen deixala pasar de todo quede enganchada polas jaladas. (ou agallas).
A tralla de plomo é tamén un cabo armado a todo o largo da peza, ca función de arrastrar a peza o fondo, para que isto funcione así, tamén leva uns plomos en forma de medio tubo que se cerran da redor da tralla (ou cabo), con unha distancia tamén de 15 ou 20 centímetros, e con un peso de uns 50 gramos cada un, e ca función como dixen antes de arrastrar a rede para o fondo, (ou pa Baixo, por que estas redes nunca se lle deixa baixar o fondo de todo. ¿Por qué? Por que a sardiña non esta sempre a mesma altura. E aquí é onde o patrón ten que empregar a súa sabedoría deixando a “cacea” mais arriba ou mais abaixo. Para que isto suceda así, ten esta arte do xeito, outras pezas denominadas “voireles” (sempre na xerga Muradana) que deixan a cacea a altura axeitada.
Estes boireles, non son mais que outras boias mais potentes, que constan de unhas laminas de corcho, montadas de forma horizontal, formando un cono. Da parte mais ancha de estes boireles, saen unhas trallas ou cabos de menos diámetro que as trallas de corcho e plomo, o suficiente largas para darlle a cacea a profundidade que o patrón queira, estas trallas denomínanse “sineiras”.
Si poñemos un exemplo o mellor entendémolo mais fácil. Si largamos a cacea en unha profundidade de 40 metros e a deixamos sen boireles esta cacea iria o fondo, e si a sardiña esta a 10 metros, non colleriamos ningunha, así que o patrón intuíndo con certa experiencia, que a sardiña esta a esa altura, poñeríalle os boireles 10 metros de sineira, para que a cacea quedara a altura das sardiñas, e así mallaran nas redes.
Antes cando non había aparatos electrónicos tiñan que arreglarse como podían para detectar o peixe e saber a que altura estaba, e para eso usaban as aves, onde están as aves están os peixes, os araos, as padelas, os mascatos. Os araos indicaban o peixe e a profundidade tardando mais ou menos en subir superficie, as pardelas son mais superficales, e indican o peixe mais arriba, os mascatos según a altura que collían para zanbullirse tamén indicaban a profundidade, si se zambullian sesgado, indicaban o peixe arriba.
Para entender todo isto estaba o patrón, e por suposto a intuición, o conocimento das zonas, como a profundidade, e a calida do fondo, si é de pedra de area, ou de fango.
Con esta arte traballase xeralmente, a alborada, aproximadamente, unha ou dúas horas antes de saír o sol. E o “axexo”, tamén outras tantas antes de poñerse o sol.
A forma de largar, normalmente e de norte a sur ou viceversa, pero sempre procurando atravesar a “cacea” as fontes de luz, como é a saída do sol, na alborada, ou na posta do sol no “axexo”. A hora de largar tiñan unha norma moi estrita que era non “aparear”. (Aparear era, non largar no mesmo sentido e nunca mais cerca de 20 ou 30 metros, a teoría era que si estaba moi cerca, por esa parte sacáballe os peixes).
Nas lanchas largaban sempre pola popa, e collían pola popa. Para coller, montaban o “carro” na popa, e a voz do patrón, vamos a elas, póñanse a tirar polas redes a man, e a “debajar”. (O carro e un trebello bastante ancho con un rodillo o suficiente ancho, para que a rede, a veces cargada de sardiña non se esmagaran). A expresión debajar e o arte de sacar as sardiñas da rede sen estropealas, nin rompelas mallas o sacala. Para iso ían o carro os mais expertos, a darlle esa media volta de marras, para que saíran as sardiñas cas agallas enteiras e sen collar, (o collar era a malla que o tirar mal por ela saia ca sardiña). Xeralmente o mais experto era o patrón, o seguinte, que ía a debajar era o segundo mais experto, e outro recollendo a rede na “sentina” (a sentina e un espazo no centro da lancha de babor a estribor, e desde a quilla hasta a cuberta), o cuarto home dedicábase a estibar os boireles no costado de estribor, deixando o costado de babor libre para largar con soltura, o quinto home dedicábase a estibar os peixes nas caixas, ou nos cestos, según o caso.