Bandas Xuvenís Musicais en Muros

P/ Alianza Uhía Patiño

Como profesional da Música sentíame na obriga de facer nalgún momento unha reportaxe sobre os grupos musicais que temos en Muros. Hainos de música tradicional,Imagen1 folclóricos, relixiosos, corais, etc … pero desta volta voume centrar nos rapaces/as e xóvenes que se adican, ben profesionalmente ou ben coma un hobby, a facer Música na nosa Vila.

Coñezo e escoitei a varios grupos musicais, pero indagando na información precisa para empezar a escribir este artigo, levei unha grata sorpresa, pois hai moitos e moi variados.

Non podo continuar sen nomear e agradecer a un traballador do Concello que o dá todo e máis porque estes rapaces vaian adiante, está con eles dende o principio, guíaos, axúdaos, aconséllaos e pasa con eles moitas horas de traballo e do seu tempo libre. Refírome a Juan, o técnico da Sala Nasmo. Qué gran laboura fai polos nosos rapaces!!!!

Estes grupos xúntanse varias horas á semana no local de ensaio, que para a maioría é a Sala Nasmo, sacrificando o seu tempo de ocio, de estar cos colegas, coas mozas/os, na movida … para tocar, crear, ensaiar. Moitos deles autodidactas, outros estudian música por internet, outros a través de mestres particulares e outros están ou estiveron formados en Escolas de Música Municipais coma as de Muros ou Carnota.

Unha, que xa ten uns cantos anos, sabe que o de formar grupos musicais cando se é xoven vén de vello, é unha forma de poder expresar todo o que se sinte, de poder liberar as hormonas sobrantes, de protestar contra o sistema sen que soe tan antisistémico e de facer panda sen que os maiores o vexan “tan mal”. E en Muros non foi distinto. O que a miña memoria lembra cando era unha nena é a Makaki cantando nos Fieles (gran orquesta que antes do que eu recordo, chegaron incluso a cantar nun macroconcerto en Madrid cos grandes da música española) ou a Georgie e Fábregas arrasando no instituto con Georgie y sus mariachis (que o fixeron en plan playback para unha representación pero que tivo moito gancho). Seguro que había moitos máis, pero éstes serían os máis cercanos a min. Cando xa tiña idade de saír de festa, había en Muros catro bandas de rock de referencia que daban concertos e enchían locais da zona, e incluso da provincia. Falo dos Miúdos de Louro, de Estampida da Alivía, dos Macarróns de Esteiro ou dos míticos Chop Suey de Serres. Máis tarde foron xurdiron A media ghasta de Muros, Alterkado ou os Jackas. Os seus locais de ensaio eran os garaxes, galpóns ou casas baleiras que no millor dos casos, as familias lles deixaban para acondicionar como estudio.

O dito, que sempre houbo e haberá (eso espero) bandas, pero nestas datas, cando a densidade de poboación xuvenil é moito máis baixa, afloran aínda máis músicos e isto é un orgullo para os que somos profesionais da Música. Pois neste número vou nomear aos actuais, aos que están buscando unha oportunidade no mundo da música, onde algúns xa conseguiron encher grandes escearios e plazas, con varios discos no mercado, e outros soñan con que chegue esa oportunidade. En vindeiros números falarei máis polo miúdo de cada un deles para dar a coñecer aos componentes e a súa formación musical, e que cando vexamos os seus nomes anunciados en grandes carteis, poidamos dicir “Este rapaz é de Muros, é noso”.

Pode que algún grupo non estea reflexado porque se me escape a información del ou porque non dera contactado cos membros, si é así, pido encarecidamente que se poñan en contacto comigo e nos vindeiros números da revista xa os incluirei.

Aló imos:

SOZIOS A LA FUERZA (tributo a la Polla Records). Grupo que rinde homenaxe aos míticos “La Polla Records” banda punk da década dos oitenta. TocanSOCIOS A LA FUERZA versións deles. Compóñeno 5 rapaces, todos de Muros, ( e non tanto) dende os 24 ata os 37 anos, son autodidactas e tocan por puro hobbie. Empezaron hai 5 anos ao abeiro da Sala Nasmo e Juan, pero aínda que non teñen ningún disco grabado levan unha boa recua de concertos ao lombo. Eles son: Luis á batería, Moi na guitarra e coros, Pedro con guitarra solista, Txokobo co baixo e coros e Ángel na voz.

Para ir abrindo boca déixovos un enlace onde os podedes ver e escoitar , youtube: http://youtu.be/Izscmk-rC_w http://youtu.be/WoeFwUz_4R0

https://www.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DWoeFwUz_4R0&h=4AQF80QaM

DESTERRADOS. Banda de “rock jallejo”; así é como se definen estes 5 colegas, xa que cantan na nosa variante do galego, coa nosa gheada e seseo. Son da DESTERRADOSparroquia de Baño-Serres e Louro. Fan Hard Rock con algunhas pinceladas de metal, con composicións propias e tamén algunhas versión de grupos galegos. Empezaron tamén baixo a á da Sala Nasmo polo 2010, e considéranse unha banda de garaxe. Autodidactas menos un que se formou na Esmu de Carnota. Son: Pincho (30), Will (30), Cayona (32) , Mauro ( 18) e Dani (25).

Para mostra un botón, aquí vos deixo a súa última maqueta en Bandcamp: http://osdesterradosgz.bandcamp.com/

Tamén en Youtube, onde hai varios vídeos da banda en varios concertos.

METALCRÚ. No ano 2010 tres rapaciños de Louro xúntanse para facer o que máis lle gusta … e hoxe, dispois de moitos altos e baixos, entradas e saídas deMETALCRU componentes, teñen unha formación sólida e con aspiracións de Metal. Na actualidade compóñena Zubiela (Baño, 30 anos), Roldán (Carnota, 31), Mauro (Louro, 18) e Dani (Louro, 25).

Teñen composicións propias, todas en galego. Tamén fan versións dos alemáns Accept, dos míticos Black Sabbath e de Sepultura, apuntando tamén a bandas como Metallica, Judas Priest, Running Wild, Rainbow, Scorpions,etc.

ZEROS.   5 colegas de Louro, autodidactas e con gustos moi similares, xuntáronse na Nasmo para dar renda solta as súas creación. Agradecendo de antemán a Juan da Nasmo e a Naso do SeixoZEROS (entre outros) por confiar neles nun principio e ata o final, versionan a grupos como Rosendo, Barricada, Los Suaves, Platero y tú… e fan tamén composicións propias. Son Lalo (guitarra), Tucho (baixo e coros), Pablo (guitarra e coros), Carlos (batería) e Dani( voz), dende os 21 ata os 31 anos.

Con varios concertos á espalda e unha maqueta lista, vanse consolidando como grupo de rock, e podedes ver unha mostra no seguinte enlace de facebook:

www.facebook.com/ZEROS (fotos do grupo e videos de algún concertos)

https://www.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fzeros1.bandcamp.com%2Falbum%2Fzeros-5&h=4AQF80QaM

REACCIÓN. “Os máis xóvenes e atrevidos da Nasmo”, así os define Juan, o seu mentor. Rock, punk e o que se lles poña por diante. Son Chema (14), REACCIONTomás (16), Antón (15) e Xaquín (16), todos da parroquia de Serres. Alumnos todos de Escolas de Música e Conservatorios, empezaron xuntándose para facer a música do coro da Igrexa, pero pouco a pouco, sen abandonar o primeiro, fóronse volcando ás guitarras eléctricas e demáis. Agora, xa soñan con ser unha banda de rock e apuntan moi alto, xa que con poucos anos de idade contan cuns cantos concertos ás súas espaldas.

TRAPOS SUCIOS. Xa son 5 homes ben formados, que aínda que empezaron sendo uns rapaces,TRAPOS SUCIOS levan 13 anos tocando xuntos e crecendo coa música. Grupo de rock máis que consolidado con tres discos no mercado (“¿y tú que opinas?” – “Con el agua al cuello” – “Idiocracia”) e estudio propio. Compartiron cartel con grupos da talla de Rosendo, Barricada, Barón Rojo, Porretas, Gatillazo ou The Lokos e colaboraron no seu directo artistas coma Charlie (baixista de Los Suaves). Gañaron o primeiro concurso Rock da Deputación da Coruña e, sen que serva de precedente, atrévome a decir que eles sí que son profetas na súa terra, posto que cada concerto que ofertan en Muros, sexa de balde ou de pago, enchen!

Son Germán Mosqueira (canta), Ricardo Mayo, Kaio (guitarra), Denís Lamela (guitarra); Manolo Romero, Tararo (baixo) e Pedro A. Lago (batería).

E aí vos deixo uns enlaces para que os podades ver actuando e en diversas entrevistas.

www.trapossucios.com

http://www.ivoox.com/4077616

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2012/10/entrevista-trapos-   sucios.html?m=1

TERBUTALINA. Terbutalina nace no 2010 nun garaxe. A súa música é garaxe punk, e eles son 5 rapaces, e non tanto, de Muros e Pontevedra, ou sexa,TERBUTALINA das Rías baixas. Eles son Miguel, Guitarra e cantante (Ventín);  Mon, Guitarra (Esteiro); Brais, Teclado (Esteiro); Samuel, Baixo (Muíño do Vento) e Diego, Batería (Pontevedra).

Teñen varios discos xa no mercado e que se poden escoitar e descargar totalmente de balde, “A muerte”, “Ritmo serbio”, “Hostias para todos”, “Hostias”, “Broncodilatador”, “Que-de-leite” e “Live in Catoira”. Todos os temas que interpretan son propios; non fan versións.  www.terbutalina.net

ARCHIVO ADXUNTO. Son tres rapaces de 17 anos que fan música punk e rock. Tres amigos de sempre que se xuntaron no 2012 a facer o que máis lles gustaba, Música. Contan ARCHIVO ADJUNT-Oque cando se xuntan para ensaiar, co “bo rollor” que hai entre eles a música e as composicións flúen soas.

Tocan versións doutros grupos pero tamén teñen composicións propias, de feito xa

están preparando a súa primeira maqueta na Sala Nasmo.

Son Adirán Bouzas, Yeray Santana e Javi Fernández.

FISIONBOYS. 4 chavales de Muros (Louro, Ventín e Baño) que fan rock. Xúntanse na Nasmo para versionar a grupo como The Hivies ou Libertines, FISION BOYSpero tamén coas súas propias composicións, das cales, están gravando algunhas nestes intres con Juan.

Todos con estudios musicais nas Escolas Municipais de Música de Carnota e Muros, teñen grandes aspiracións de chegar lonxe na música, aínda que non deixan de recoñecer que hai dificultades moitas, como problemas para xuntarse á hora de ensaiar (un estudia fóra e xa só poden quedan nas fins de semana, os estudios e a idade de querer andar de festa, entre outras). Son Samuel, Xanma, Javi e Alberto.

EVIL BASTARD. 5 homes ben levados, así son eles. 4 de Muros e 1 de Carnota. Nace o grupo candoEVIL BASTARD abre a Nasmo, cun elenco distinto ao de hoxe, do cal só quedou un, Dani. Fan “Melodic Death Metal” con moita influencia de grupos do estilo, pero buscando sempre facer algo diferente e pouco visto na nosa zona.

Eles son Rubén (Dubi de Carnota), Rubén (Rufo), Antón Beiro, Lino e Dani García. Tres autodidactas e Dubi e Dani formados moitos anos na Escola Municipal de Música de Carnota.

Ensaian todas as fins de semana na Nasmo, pero tamén lles costa seguir adiante por mor do traballo, aínda que coas gañas que teñen de empezar a “dar guerra” e de ter o seu “bautismo de lume” sobre un escenario, todo se leva.

MAESTRO ROMERO. Un dúo de guitarras que soa xenial. Alberto Romero (Muros) e Alfonso Gallardo (Esteiro) forman un set acústico onde as súas cancións son un agasallo para os oídos.MAESTRO ROMERO

Alberto estase especializando actualmente nos estudios superiores de música e a especialidade de Alfonso é a palabrería e verborrea, polo que música e letras conflúen sen problemas.

Maestro Romero nace hai ben pouco, en maio de 2014, cando dous coñecidos de 6 anos atrás fan que os seus camiños coincidan en dirección, paixóns e ideais. Composicións propias e versión, o millor que ofertan é a súa música en directo.

Un verán cheo de concertos (17) polas vilas de Galicia, con moito esforzo de cartos e tempo, fai que os dous componentes se rearfirmen máis nos seus ideais e nos seus soños, que non son outros que tocar, tocar e seguir tocando.

E ata aquí podo ler! Que a Música non pare … porque a música é vida!!!!

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Música y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Bandas Xuvenís Musicais en Muros

  1. Grandes todos !!! (pero ser irmá de Kaio férveme o sangue polos Trapos ¡ como non !)

    Me gusta

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s