TMT cumpre dous anos

Neste mes eManuscripto vellon que a  revista dixital TMT cumpre dous anos de vida, queremos facer chegar a todos os nosos lector@s  o noso mais profundo agradecemento pola gran acollida que sigue tendo esta iniciativa cultural muradana.  TMT, que naceu como un medio de dar a coñecer a arte, cultura, historia, tradicións, etc., de Muros e as súas terras, tivo e ten as súas portas abertas a cantos queiran colaborar neste proxecto. Os colaboradores de TMT son xentes normais e correntes; non somos nin premios Nobel, nin afamad@s columnistas; son e somos, xentes de Muros, (ou moi vencelladas a Muros), que queremos divulgar o noso rico patrimonio cultural.  Cada un que escribe sabe perfectamente que é o único responsable do publicado.  Como en calquera outro medio, TMT non se fai responsable das aportacións escritas e gráficas que fan o seus colaboradores.

Co paso dos meses fomos quen de ir mellorando a estrutura e divulgación da revista.  Un dos últimos logros foi a posta en marcha do Blog de TMT, onde se recollen todos os artigos publicados dende o nacemento da revista.  Acerca do Blog faise necesario puntualizar que este non é o medio, para , por medio de comentarios anónimos, facer ácida crítica, non xustificada nin argumentada da labor de TMT, e quede claro que cada un, en uso da súa liberdade, pode pensar e facer o que lle pete, pero o facelo de forma anónima… sen que sepamos a quen contestar, e que non…  Por elo, a partires de hoxe, quen queira facer comentarios terá que facelo con nome e apelidos e aportación do seu correo electrónico, ou ben nas páxinas de redes socias cas que TMT comparte os seus contidos.

No canto das entrevistas aos candidatos municipais, só dicir que as visitas cóntanse por milleiros.  Todo un éxito no que TMT só puxo a mellor das intencións, recibindo os parabéns e agradecementos dos entrevistados, aos que se lle informou en todo momento e con todo detalle das pautas para a publicación ( iguais preguntas, letra de igual corpo, cor, interlineado, foto elixida por eles, etc).  O proceso comezou o 5 de novembro de 2014 co envío dunha carta informativa; logo (o 3 de febreiro-2015), envío de correo reiterando o ofrecemento e dando de prazo ata o 15 de marzo, e por último (o 9 de marzo), novo correo ampliando o prazo de entrega ata o 25 de marzo.  Si algunha non foi publicada, non foi porque TMT non fixera as necesarias invitacións.

E xa mais nada. Reiteramos o agradecemento aos nosos lectores, e poñémonos ao seu dispor.  A obra e grande; criticable como calquera acción humana, pero sempre con boa intención e un claro obxetivo: pór en valor ao noso Muros e as súas terras. Graciñas pola confianza.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cartas da Redacción, Cousas que interesan. Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s