p/ Nieves Formoso Vidal
Por Vilares, Longarela, Pereusós, A Pontella, Eiroa, Cruz da Pedra, Monte Louro. Ali por donde botamos a andar, polos camiños, polas rodeiras, polo monte, polas veiras dos ríos, polos arrós e moi pretiño de nos, sempre temos as fermosas paisaxes das flores silvestres. Elas xurden como da nada, sen apenas coidados, non o precisan, solo o calor das raiolas do sol son as que lle axudan a amosarnos os seus cores fermosos facendo unha paisaxe incomparable. Teñen o seu sitio, o seu tempo, nunca fallan e saen o noso encontro coas mellores galas e fanse imprescindibles como valor ecolóxico e importantísimas na conservación do medio ambiente. Moitas non sabemos nin siquera como se chaman e nin siquera lle botamos unas olladas e darlle o valor que lles corresponde. Estas que amoso, solo son una pequeniña mostra do immenso mundo da nosa flora.
Herba anónima (Agustín González López)
con precisos palabras…
De outras non sei o nome.
Herbiña, ti, miuda,
entre mil acochada…
Teu nome descoñezo.
Sei que estarás nun libro,
que existes rexistrada n
un nome colectivo
Mais eu queróche dar
un nome que che vala
para terte bautizada,
ti entre tantas outras,
herbiña liberada..
este vento que pasa.