MONTE LOURO

Do blog do profesor Emilio Xosé Insua (http://ainsuadoinsua.blogspot.com.es/) recollemos este magnifico comentario sobre a novela de Luis Rei Núñez, “MONTE LOURO”. Vale a pena pasar polo blog do profesor Insua, nel atoparemos interesantes artigos sobre temas moi variados.

MONTE LOURO, DE LUÍS REI NÚÑEZ (Unha peripecia vital transoceánica)

Editouse en 2009 da man da colección de Narrativa das EdiciónsImagen1 Xerais de Galicia, a novela gañadora da vixésimo sétima edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, organizada polo Concello de Burela. Trátase de Monte Louro, da autoría de Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958), presentada ao certame baixo o lema “Arcadia bis” e merecedora do citado galardón por decisión unánime do xurado.

O autor, ben coñecido xa pola súa brillante biografía do rianxeiro Rafael Dieste (A travesía dun século), por poemarios como A rolda invisible e Alma mareira e por obras narrativas como Expediente Artieda, A estrela dos polisóns, Toda a vida ou O señor Lugrís e a negra sombra e pola súa recente participación como cabeza da candidatura municipal da Marea de Pontevedra ofrece neste seu Monte Louro unha novela de enorme alento e calidade, moi ambiciosa do punto de vista estrutural e argumental, escrita nun galego rico e pulcro e, por iso mesmo, chamada a se converter nunha referencia imprescindíbel no panorama da narrativa galega da nova centuria.

Monte Louro reconstrúe en catro grandes capítulos a complicada peripecia dun individuo desde a súa infancia no Muros da inmediata posguerra a carón da súa pobre nai, “viúva de vivo”, e do seu avó Domingos, que lle ensina a pescar, ata o seu internamento nun psiquiátrico bonaerense nos anos setenta, onde o acabará atopando en 1983 unha filla cuxa existencia el propio ignoraba.

Ao longo da novela, o protagonista verase impelido a fuxir en varias ocasións (de Muros a Barcelona, primeiro; de Barcelona a Bos Aires, despois) e terá que mudar mesmo de nome e apelidos varias veces (Delio, Artemio, Yago…). Irá así medrando, coñecendo os resortes máis profundos da conduta humana, gozando dalgúns grandes amores e enfrontándose a todo tipo de reptos e desafíos, sempre coa paisaxe de Monte Louro como ancoraxe espiritual necesaria para non derramar a propia identidade.

Os amantes da cultura marítima, coidamos, toparán especialmente celmosas e significativas moitas das páxinas desta grande novela, nomeadamente da súa primeira parte, “O fillo da robinsona”, en que se recrea con trazo maxistral o ambiente mariñeiro do Muros de antes e despois da guerra do 36. Retrátanse aquí, efectivamente, as marcantes diferenzas sociais entre proletarias da conserva, reghateiras e fillas de patróns e armadores (os Artaza, os Romaní, etc.) e as evolucións e loitas da rillotería masculina criada na ribeira. Tamén se evocan o espertar, auxe e desfeita posterior do societarismo mariñeiro no porto muradán (representado na obra polo personaxe Xacobe), algunhas traxedias no mar e mesmo os baños nas praias da contorna das humildes “poubanas”.

Páxinas brillantes, emotivas e ben escritas, que tornan máis máxico, se couber, o perfil xa de seu inesquecíbel do Monte Louro real.

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s