Presentación

O 11 de xullo-2015, nas instalacións da antigua fábrica de Sel, tuvo lugar a presentación do especial sobre a Pesca da Baixura en Muros nos anos 50-60,presentacion pesca 50-60 traballo do que é autor o muradano D. Pedro Caamaño Lago.

O acto foi presidido pola Alcaldesa de Muros, Dona María Xosé Alfonso Torres, e xunto con ela interviron, Jorge Lago Rama, director de TMT, Juan Caamaño Cebreiro, ex-Conselleiro de Pesca, Manuel Martinez Caamaño, presidente de Xubimar, e o autor, Pedro Caamaño Lago.

Reproducimos a intervención de Juan Caamaño Cebreiro, quen fixo unha lembranza do mundo do mar en Muros nos seus anos mozos.

Estimada Sra. Alcaldesa, queridos compañeiros depresentacion revista-2 mesa: Don Jorge Lago Rama, Sr. Manuel Martínez Caamaño e Sr. Pedro Caamaño Lago.

Meus ben queridos muradáns.

Síntome verdadeiramente orgulloso de compartir con vostedes a presentación de este número da revista TMT dedicado a pesca de baixura e ao que esta supuxo para Muros alá polos anos 50 e 60, xa, do século pasado.

Penso que todos nos debemos agradecerlle o Sr Pedro (este titulo de Sr. era un tratamento que a xente nova aplicaba aos que lle precederan nas labores da mar polos seus coñecementos e anos de traballo, non era un tratamento reservado para os que traballaban noutras actividades tanto administrativas como mercantís ou de servizos en terra). Dicía, que agradecíalle ao Sr. Pedro o traballo de “memoria histórica” que supón o de poñer por escrito, en limpo poderíamos dicir, os seuspresentacion revista recordos da pesca de baixura. Sen dúbida é un documento que debe gardarse pola xente que non o viviu e tamén polos que viviron naqueles anos, xa que atoparan na súa lectura recordos esquecidos polo tempo, case que esvarados polo paso do tempo, recordos bos e menos bos pero todos eles son, sen dúbida, parte inesquecible das distintas épocas que conforman as nosas vidas.

Eu, nado nos primeiros anos cincuenta, tamén teño as miñas lembranzas, a primeira que me veu á memoria, cando estaba a gozar da lectura da revista, foi un son: eu durmía na habitación que daba ao Camiño Novo, e aquel son eran as vibracións e os seus correspondentes ecos nocturnos, que xa moi pasada a media noite, eran producidos polas botas dos mozos, da xente nova, mariñeiros eles, que a saltos e carreiras baixaban polo Camiño Novo para chegar a tempo de embarcar. Un tempo antes xa pasaran os maiores co seu camiñar máis canso pero tamén máis cheo de experiencia.

Outro son que teño eu metido na miña cabeza era o dCaptura portada pesca de baixuraa sirena da lonxa, que en certa medida marcaba a vida do pobo e tamén a da miña imaxinación.

A parte de sons teño os olores, os cheiros, entre outros, os da brea e o dos lumes no peirao onde os mariñeiros nos seus breves descansos en terra entre lance e lance aproveitaban para preparar un peixe e repoñer as súas forzas.

A nosa estancia familiar en Muros estaba chea de contidos relacionados con todas as actividades do mundo do mar. Así, teño como un forte recordo, como polas tardes ollaba para o mar desde o peirao esperando a chegada dos barcos e en concreto o de Papudita que na compaña do seu fillo Pepe (Pepe Canosa) regresaban despois dunha dura xornada de traballo no mar, o motivo de aquela vixíana era que permitíanme axudar nos traballos de desembarco do peixe e o seu traslado á lonxa. Eu coido que foi a primeira vez que me sentín orgulloso na vida que estaba a comezar. Nin que dicir ten que as veces cando baixaba a esperar a súa chegada eles xa estaban en terra, as máis das veces polo mal tempo que por unha boa pesca, entón o meu desgusto era grande pero ao día seguinte eles seguirían intentando atopar o seu sustento e eu o meu sentimento de orgullo.

De aquela época lembro as merluzas, as cales tiña que levar ao lombo para non ter que arrastralas polo chan, xa poden imaxinar meu tamaño e o da merluza por moi baixiño que eu fora. E tamén lembro o asombro que me producían os congros e a ledicia e sorpresa pola aparición dalgún novo peixe como o que se deu en chamar, creo lembrar, “gaiteiriño”

Os meus primeiros mestres pesqueiros foron Alejandro o Machacón e o mesmo Pepe Canosa, Alejandro desde terra, e xa “embarcado” Pepe Canosa. Eu na casa oía falar das fanecas da PRIMESA, do PROFUNDO, DOS BIRULLOS e

doutros sitios onde se traballaba no mar, pero eu intuía que a PRIMESA era un sitio preto de Muros e sempre pedíalle a Pepe que me levara xunto él no “Mª del Carmen” (nome da súa nai, co que seu pai bautizara o bote) coa ilusión de facer unha boa captura para levala a casa e mostrala aos meus pais.

O Profundo e outras zonas de pesca eran inalcanzables para o meu pensar, as imaxinaba moi lonxe e perigosas. Alí só ían os homes feitos a un mar duro e aquilo non estaba ao meu alcance.

Tamén lembro que o que me gustaba era pescar con a BULSA, “tecnoloxía” que moi ben nos recorda no seu traballo o Sr. Pedro, xa que dese xeito eu sentía que picaba máis o peixe, que o trouxese para enriba xa era outro cantar.

Por outra banda, meu sentimento coa xente, que traballou o está a traballar no mar, está vinculado, desde os comezos do meu entendemento, coa solidariedade tanto na terra como na mar. Ben certa é a competencia entre artes, embarcacións, caladoiros e mesmo tripulantes do mesmo barco, como moi ben nos recorda o Sr. Pedro. Pero a Solidariedade se daba ata extremos insospeitados ante calquera dos accidentes que se producía na mar. E que todos, amigos e menos amigos, acudían a prestar seus medios, seus brazos e o seu valor sen esperar recompensa algunha. Solidariedade que chegaba ata terra cos familiares que sufrían as tan sentidas perdas.

Lembro contar ao meu pai, que naqueles anos e desde sempre, no pobo observábanse as saídas das chemineas dos fogares que sufriran a perda de algún ser querido e os veciños, vendo que transcorrían uns días nos que non saía fume por elas, se acercaban e ademais de levar consolo sempre se ofrecía ao menos unha cunca de caldo.

Así, xunto con palabras que oía das bocas dos profesionais como, “a parte”, “quiñón” e “chona”, xunto co nome das artes e dos peixes, que tamén nos lembra o Sr. Pedro no seu traballo, foi como posiblemente eduquei meu primeiro coñecemento do mar e a súas xentes. Un coñecemento que a pesares de non ser un profesional do mar levo moi dentro de min, non en balde desde rapaz fun consciente dos traballos e perigos do mar xa que meu avó paterno e o irmán maior da miña nai perderon a vida en accidentes marítimos, este sabemos onde descansa meu avó non.

NUNCA UN MAR CALMO FIXO BOS MARIÑEIROS.

DE XEITO QUE A BUSCA DE UNHA VIDA, A DUREZA, O ESFORZO, O COÑECEMENTO A EXPERIENCIA E SOBRE TODO A SOLIDARIEDADE FORON A BASE SOBRE O QUE O MUNDO DO MAR SEMPRE SE MOVEU. NON IMPORTA O QUE DIGAN DE NOS, POIS NINGUEN VEU NUNCA A SACARNOS AS CASTAÑAS DO LUME

Moitas grazas por escoitarme e tamén polo que todos vostedes e a xente do mar de este pobo de Muros doume para intentar facer de min unha boa persoa.

Miña felicitación ao director e ao editor de The Muros Times polos seus esforzos por sacar adiante a revista, ao Sr. Pedro polo seu traballo como Sr. do mar e recuperador da memoria e ao Sr. Manuel pola defensa da xente do mar. E a vostede Sra. Alcaldesa grazas pola súa presenza.

E A TODOS VOSTEDES, COMO SEMPRE,

ATA SEMPRE.

Muros, 11 de Xullo de 2015.

Juan Caamaño Cebreiro.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Revista TMT y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s