JOHN HAPPY DRIVER
Kúber, Jesse e Torre, tres rapaces de Esteiro forman o grupo John Happy Driver. Unha banda punk que nace coa Sala Nasmo de Muros, aínda que hoxendía xa non ensaian alí por motivos de compatibilidades horarias.
Alí gravaron as maquetas de «Juevos Coljanderos» e «Directo aos Collóns» un traballo en directo dende a praza do Concello de Muros.
Logo, e xa dun xeito máis casero e con poucos medios pero con moita ilusión, seguiron gravando, e nada menos que tres discos cheos de bos temas. Os discos son:
«Vellos, Ijlesias e outras Historias«, «Este disco é unha merda, Willkommen!» , «Vouche Apalear«.
Tocaron e tocan en sitios dispares; salas de concertos (Sala Moon en Compostela, a Sala Coliseo en Pontedeume, Super 8 en Ferrol, etc), centros sociais (Fuscalho, o Escarnio, Palavea, o Pichel…) e infinidade de bares e chiringuitos de praias.
Afirman que a súa maior arma é o bo rollo que transmiten no directo, que é o que máis lles gusta. Denominan o que fan como «happy punk”, porque no pequeño escenario fan un ambiente cómodo e íntimo, acadando unha fórmula que inclúe a rapidez do hardcore e coa presencia sempre do bo humor e o bo rollo.
Os compoñentes desta simpática banda son: Jesse. Batería. O máis novo da banda. Kúber. Baixo e voz, e tamén a voz da experiencia no grupo. Torres. Guitarra e voz, boa voz según algún!
Máis información e vídeos:
Toda a discografía pódese escoitar e descargar gratuítamente no Bancamp:
https://johnhappydriver.bandcamp.com/
Facebook: John Happy Driver
twitter: @driver_happy