Memoria de Southampton

p/ Jorge Lago de Pexejo

Levo máis de corenta anos asentado no municipio de Southampton, comarca situada na parte oriental da illa de Long Island, NY e case trinta residindo Imagen2en Shinnecok Hills, terra ancestral dos primeiros poboadores desta comarca. Todos os anos por estas datas e coincidindo co fin de semana de Labor Day, non deixa de pasar desapercibido o incesante soar de tambores dos nativos celebrando o seu anual Pow Wow .

O PowWow é unha cerimonia, un acto social, unha xuntanza onde os nativos renovan lazos con vellos amigos e establecen novas amizades.

Non se sabe exactamente os comezos desta tradición, aínda que algúns cren que se orixinou como unha danza de guerra practicadaImagen5 polas tribus do Oeste Americano e logo foise extendendo como festival ceremonial converténdose así no que é hoxe. Co tempo os estilos e contido cambiaron pero o significado está presente aínda sendo xa parte doutra atracción turística máis.

O Pow Wow empeza coa Gran Entrada, un desfile onde se portan as bandeiras tanto dos Estados Unidos como as da tribo festejante e outras tribos convidadas. Séguenlle os membros convidados, os xefes, princesas, anciáns da tribo e organizadores, tras eles os danzantes e así empeza o festival ao son dos cantos e tambores.

O municipio de Southampton cumpre este ano de Imagen42015 o seu 375 aniversario. 1640 foi o ano en que un pequeno grupo de colonos composto por oito homes, unha muller e un adolescente provenientes de Lynn, Masschusetts, vararon nestas beiras facendo do lugar o primeiro asentamento inglés do estado de NY.

A historia documentada cóntanos que este reducido grupo de colonos foi ben acollido pola tribo Shinnecok posibilitando que despois de tan só tres anos o asentamento puidese soster a 43 familias.

Antes da aparición dos europeos, os shinnecok eran parte do pobo amerindio chamados algonquinos e estaban vinculados a outras tribos locais que se facían nomear pola situación xeográfica do lugar que habitaban: Pequot, Narragansett, Montoukett, etc.

A ciencia arqueolóxica estima que chegaron aquí bImagen3uscando caza cando Long Island estaba aínda baixo o manto do xeo glacial. Pero a súa historia, transmitida oralmente de xeración a xeración dilles que eles están dende un principio e que estas terras, ricas e fértiles foron creadas para a sua xente por unha deusa que descendeu do ceo facendo crecer a terra baixo os seus pés dende as costas da Gran Tartaruga.

A chegada dos novos colonos non puido ser sorpresiva dado que as tribos locais mantiñan contacto as tribos de ambas as beiras do brazo de mar que separa a Long Island de Nova Inglaterra.

Pódese deducir acertadamente que a xenerosidade mostrada polos locais aos novos colonos foi motivada en parte polo concepto comunitario con que desenvolvían a súa orde social. Se a terra con todas as súas riquezas foilles regalada polos seus deuses para ser administrada a favor do ben común, era de esperar que a carencia do concepto de propiedade privada os incentivase a repartir territorio e guiar na explotación adecuada dos seus recursos.

Non existe documentación de confrontación sanguenta ou violencia entre os nativos e os primeiros colonos, pero a historia mostra que en pouco tempo as cartas tornáronse en contra dos nativos. As epidemias das que non tiñan deImagen3fensas, a usurpación ilegal de terreos, a falta de cumprimento de acordos arrendatarios, foron minando inexorablemente a integridade do territorio a favor dos foráneos e relegándoos a vivir en reservas onde precariamente tratan de recuperar unha cultura moribunda así como unha lingua casi desparecida pola imposición de leis discriminatorias que prohibían o seu uso tanto nas escolas como fóra dos poboados.

Oxe a reserva india dos Shinnecocks non alcanza a ter 9 Km cadrados e unha poboación reducida a 620 individuos dedicados moitos deles a venta de tabaco, souvenirs e postos de comida. Tanto os negocios como as vivendas contidas dentro da reserva non pagan impostos de propiedade ao estado nin ao gobernó local pois considéranse unha nación soberana con gobernó propio pero non soberanas. Son “Nacións Dependientes Domésticas” según as leis federales. As normativas e o seu acatamento tamén varían de estado a estado complicando así unha situación que leva a un perpectuo ofuscamento e limbo legal.

Os 375 anos de vida desta comunidade son un capítulo histórico case totalmente desvinculado á súa historia posterior. A guerra de independencia tampouco lles debeu causar moitos problemas ás familias locais. O número de persoas que participaron é descoñecido pero suponse que reducido talvez pola distancia de centros máis urbanos sendo esta localidade maioritariamente agrícola ou por que aínda había certas lealdades á coroa como para aportar voluntarios por parte das familias colonas que eran exclusivamente de orixen inglés. Cabe engadir que a pesar do illamento propio das comunidades agrícolas afastadas das grandes urbes, no caso de Southampton e a súa comarca non era total. A industria baleeira tubo un enorme auxe na súa época dando lugar a un intercambio comercial de gran importancia abastecendo así aos locais de produtos exóticos e de consumo que outras comunidades carecían.

Un novo capítulo xorde cando en 1872 o ferrocarril esténdese ata estes lugares permitindo aos adiñeirados newyorkinos abandonar unha cidade cada vez máis sufocante e que buscando a prístina beleza destas paraxes, transformaron radicalmente o que se coñece hoxe por The Hamptons; un enclave de mansións e palacetes amurallados por altos sebes de aligustre.

O municipio de Southampton ten unha área de 765.6 quilómetros cadrados e unha poboación de 56.700 habitantes. Componse de sete vilas incorporadas (con concello propio) e dezaseis administradas polo municipio comarcal. O goberno municipal é xestionado por un supervisor e cinco concelleiros, un secretario, un recadador de impostos e un corpo de policía. Os concellos incorporados están suxeitos ao goberno da municipalidade pero xestiónanse de forma autonómica tendo os seus propios alcaldes, policía municipal, concejeros e recadador de impostos.

O municipio conta con once distritos escolares, sen contar as escolas privadas, 47 cemiterios públicos sen contar a sede do Shinnecock Golf Club reclamado polos nativos como lugar de enterramento ancestral. Conta cun bo hospital, varios museos históricos e de arte, cinco bibliotecas públicas, un campus universitario, nove campos de golf privados e dous públicos e dúas salas de cinema ademais de varios centros cívicos onde se imparten concertos e outros eventos culturais así como o Avram Theater no Southampton College e sede do famoso Piano Fest of the Hamptons. Tamén é de destacar o famosísimo Festival de Música de Cámara de Bridgehampton con sede estival na igrexa presbiteriana desa localidade.

A pesar da inxente cantidade de turistas que invaden esta zona todos os veráns, Southampton carece de grandes complexos hostaleiros. A política urbanística disuade tal tipo de edificacións potenciando máis a vivenda privada. A Xunta de Zonificación é de carácter independente politicamente e a pesar de que permite todo tipo de deseño arquitectónico, a tendencia é construír deseños tradicionais de influencia colonial de Nova Inglaterra, esta zona formou parte da colonia de Connecticut antes de ser parte do estado de Nova York.

Co tempo, as grandes plantacións agrícolas foron cedendo sitio para transformarse en viñedos de certo renome e granxas ecuestres. A agricultura propiamente dita e da que os Hamptons eran famosos, oxe é unha mínima expresión do que foi antaño. Temos unha modesta industria pesqueira aínda suficiente para abastecer a zona de peixe fresco e mariscos varios.

A principal industria neste momento é a que prové o turismo con residencia temporal. Construción, mantemento e servizos derivados. O ingreso familiar promedio é de unos 60,000 dólares anuales .

Así é a historia deste pobo que en 1872 deixou o seu illamento grazas a unha vía férrea que permitiu redescubrir este lugar tantos anos despois de que uns poucos emigrantes vindos de Lynn oísen os ritmos e cadencias de percusión daqueles que lles deron tan boa acollida.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s