A REVOLTA DOS GORRIONS

O 21 de agosto no salón de plenos do Concello de Muros tuvo lugar a presentación da novela do escritor muradán José Manuel Bermúdez, “A REVOLTA Imagen6 Imagen8DOS GORRIONS”. O acto, que foi presidido pola Alcaldesa de Muros Dona María Xosé Alfonso Torres, tamén contou coa presenza do muradán Domingo Guerra París que en nome da Revista Dixital Muradana “The Muros Times” fixo unha semblanza biográfica do autor, ao que desexou o maior dos éxitos nos seus andares literarios.

Sinopsis da novela:

Na segunda metade do século XV, as clases baixas e medias de Galicia estaban a sufrir unha situación de inestabilidade e carencias que alimentaron, durante anos, o descontento xeral e os desexos de xustiza dos menos favorecidos. Aos períodos de malas colleitas por mor da falta de choivas, sumábanselle os abusos da aristocracia, e a inseguridade que supoñían os salteadores e criminais que actuaban baixo o amparo dos nobres Imagen7e do alto clero. O descontento do pobo estoupou finalmente, na primavera de 1.467, nunha gran revolta popular coñecida como “A Gran Revolta Irmandiña”. Naquel contexto social, un labrego chamado Valente Bolaño, coñecido como “Valente de Covas”, alistouse no numeroso exército popular en busca de liberdade e vinganza. Ao longo de varios anos Valente había ser protagonista, tanto dos satisfactorios logros acadados na guerra, como de desoladoras perdas persoais. Acadada a vitoria, pouco durou aquel tempo de paz e xustiza, xa que unha contra revolta dos nobres, ansiosos por recuperaren o poder e os seus territorios, desencadeou un novo enfrontamento.

Valente retomou unha vez máis as armas para defender a liberdade conquistada e ultimar, de paso, o seu inconcluso desquite.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia, Presentacions y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s