PINTURA PLÁSTICA
p/Alianza Uhía Patiño
Pintura Plástica nace no seo da Escola Municipal de Música de Muros, baixo a tutela do mestre de música naquel momento, Xota, que reúne a varios dos seus alumnos para formar un combo e empezar a facer temas que soen ben e que enganchen.
Todos os membros son da parroquia de Esteiro, e ao ser cada un, alumno/a dun instrumento difenrente a idea pareceulles estupenda e puxéronse a elo. Unha anécdota simpática foi como se lles ocorreu o nome. Un día, cando empezaban a ensaiar, falaron de ter que porlle un nome ao grupo, e un deles, albanel de profesión, dixo que non tiña a cabeza para pensar, que estaba moi cansado e que só lle viña a cabeza a pintura plástica. Despois dunhas boas risotadas, quedou ese nome.
Debutaron nun festival de fin de curso da Escola de Música, e sentíndose ben xuntos enriba dun esceario, decidiron seguir máis alá das portas da Esmu, quedando polo camiño Pablo (un dos guitarras) por non querer seguir a andaina moito máis alá do centro educativo.
Estreáronse como grupo por libre en 2013, no pub Areas de Esteiro, onde os colegas e os veciños os recibiron coma auténticos héroes. Foi un éxito rotundo. E dende aí, esto sigue crencendo con baixas como a de Lisa (baixista nun principio, e compositora dunhas cantas letras) por motivos laborais pero con novas incorporacións.
Fan versións de Nirvana, Dover, AC DC etc, pero tamén teñen moitas composicións propias, que fixeran cando estaba Lisa, ex membro que non deixan de lembrar e agradecer.
Os seus compoñentes, hoxe en día, todos pais e nais de familia, son:
Otero (bateria) de Esteiro
Uxio (guitarra) de Esteiro
Catuxa (teclado e voz)de Esteiro
Perre(Guitarra)de Esteiro
Xota (guitarra) de Abelleira
Canario(baixo)de Serres
As súas pretensións son seguir gozando coa música, e seguir transmitíndolle ao público as súas gañas e o seu bo facer.
Queren agradecer primeiramente ás súas familias a “libertade” que lle dan para poder ensaiar todos os domingos polas tardes e que se queden cos seus pequenos/as, á tía de Otero, que lles deixa a casa no Portiño para poder ensaiar, e ao bar Areas por darlles sempre a oportunidade de tocar alí.