Francisco Tettamancy e Muros

Ao longo dos tempos, foron moitos os autores que escribiron sobre Muros. Tanto en prosa como en poesía, acercaron aos lectores a un pobo con unha longa e dilatada historia; a un pobo cargado do ár dos tempos que nunca deixou, a propios e alleos sin argumento inspiratImagen1ivo para escribir sobre il.

Un deles, foi o coruñés Francisco Tettamancy, quen loou a Muros nhun fermoso poema no que con gran coñecemeno do andar de Muros e os muradáns, dende a lonxanía puxo en verso o que moitos pensaban pero non se atrevían a escribir.

Velaiqui a biografia deste queredor de Muros e as súas xentes, e o poema que lle adicou con sentido agarimo, a principios do seculo XX.

Francisco Tettamancy Gastón, nado na Coruña o 10 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 15 de maio de 1921, foi un escritor en lingua galega e castelá.

Orfo de pai, tivo que emigrar de moi novo á Arxentina, aínda que segundo Carré Aldaoo cariño da nai e da terra” enseguida o traerían de volta para o berce natal. Xa na Coruña entrou a traballar como administrativo ao servizo da Deputación provincial, en cuxos negociados se ocuparía o resto da súa vida, e en 1899 obtivo aínda o título de profesor mercantil na Escola Superior de Comercio da Coruña, cunha meritoria memoria de grao sobre a historia comercial da vila que estará na base dunha das súas obras máis celebrada.

Parente político e íntimo amigo de Uxío Carré Aldao, participou con regularidade nos célebres faladoiros da Cova céltica, que se desenvolvían polas tardes nos locais da Libraría Rexional de Carré, nucleados, desde o seu traslado á Coruña, arredor da figura excelsa de Manuel Murguía, e onde tantas iniciativas a prol do rexurdimento político e cultural da Galiza se idearon.

Fixo parte Tettamancy, así, da redacción do importante xornal rexionalista coruñés Revista Gallega, que dirixía Galo Salinas Rodríguez, e co seu propio nome ou so seudónimo asinou artigos (tanto en prosa galega como castelá) e poesías (sempre en galego) en moitas publicacións da Coruña, da Galiza, da España e da emigración galega en América. Foi vogal da asociación rexionalista Liga Gallega na Cruña, e un destacado impulsor do monumento Aos Mártires da Libertade que por iniciativa desta organización se levantou en Carral. En 1904 constituíu, con outros 42 socios, a Asociación de la Prensa da Coruña, e foi membro fundador e numerario da primeira Academia Gallega (19051906), institución na que tamén se ocupou até á norte.

Na sede da xa denominada Real Academia Gallega é que terá lugar no 1718 de maio de 1916 a reunión constituínte da Hirmandá de Amigos da Fala da Coruña, primeiro xerme das Irmandades da Fala, achándose entre os asistentes á mesma Antón e Ramón Vilar Ponte, Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Manuel Lugrís Freire, Luís Porteiro Garea, Manuel Banet Fontenla, F. Tettamancy e máis outros. Como propagandista destas Irmandades Tettamancy participou, entre outras actividades, no histórico mitin galeguista celebrado en Lugo no 28 de xaneiro de 1917.

Para Vicente Risco, que en 1929 sentaba na cadeira do coruñés na RAG, Tettamancy merecería, por esta e outras razóns, a cualificación de nacionalista galego; Carvalho Calero, ao periodizar a literatura galega, incluíuno entre os diádocos autodidactas da escola cruñesa, e por idade tamén se adscribiu á Xeración rexurdimentista de 1868.

En lingua castelá deu ao prelo varias monografías moi ben documentadas relativas á historia de Galiza, todas elas referencia ineludíbel aínda hoxe nas súas respectivas áreas temáticas.

Entre outros méritos foi correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, e condecorado por outras varias institucións.

Personaxe moi apreciado no ambiente cultural do seu tempo, o enterro de Francisco Tettamancy constituíu unha extraordinaria manifestación de dó cidadán, e en 1962 a cámara municipal coruñesa outorgaría o seu nome a unha rúa do popular barrio dos Mallos.

Obras en lingua galega

Ademais de artigos e poemas na prensa, Tettamancy publicou en galego varios libros de poesía e ensaio:

  • Enredadas. Poesías (1902):
  • O castro de Cañás; Diego de Samboulo (Leenda histórica). Poemetos (1903): Libreiría Rexional de Euxenio Carré, A Cruña –
  • Boicentril. O druidismo e o celtismo gallegos.
  • A Epopeya irlandesa (1912): Víctor Said Armesto (Traballo leído o 3 de agosto de 1917, con motivo do homenaxe consagrado pol-a “Irmandade da Fala” na Cruña para honral-a memoria de tan ilustre escritor.
  • C’unha folla de Murguía, e un colofón de Carré Aldao) (1917):

O castro de Cañás (Boicentril) (1919): 2ª ed. corr. e aum., en ¡Terra a nosa! Supremento de El Noroeste (20.02.1919), vol. 2, A Cruña.

A MUROS

Soberbia vila que vestixos gardas

D’un pasado feliz que non se atoupa

N’os ciclos que hoxe fuxen camiñando

Sin rumbo certo,

Deixa que a miña lira presto sone

Y en acordes de ledas armonías

Gabarte poida cal ti así o mereces,

Meigo curruncho,

D’esta patria adourada, que esquencida

De cote pol-os seus, en pranto horrendo

Fendéndoa van, sin que o sosego veña

A calmal o seu dor…

A o celta valeroso ti recordas

A o grego e a o fenicio agarimaches,

e d´o roman presentas n´o teu seo,

Mostras d’abondo.

A maxestá d’o dolmen e o menhire,

O altivo Castro o vale domeñando

Dendes d’a Serra, Louro e Miraflores,

Marcados signos

D´o podentío son d’aquelas razas

Que ti palpaches e desapareceron

E d’as que agora o espiritu apenado

En van relembra…

Ti fuches berce de varós ilustres,

Ti, d’a naval industria fuche emporio;

D´os astilleiros teus, a sona conta

Que mar sulcaron

Naves xentiles qu´en sangrentas loitas

Cal a d’as Dumas, groria conquistaran

A o mando de Feijóo, aquel galego

Patricio insine.

Por mor d´as tuas virtudes, n´outros tempos

Siñaladas mercedes otorgáronche

Os relses castelás e ricos homes

que agora négate

O cacique felón que t’esnaquiza

Como esnaquiza o chan galaico

Tramandolle as arterias d’o Progreso

Para él medrare…

Os tesouros que o mar a o home regala

E en estractlva industria se converten,

Elementos en non remotas fechas

De vida foran

Pra ti; mais hoxe, centralismo fatal

Que a España rila, matou teu benestar…

E vas xomendo… e a eito ti esmoreces,

Muros amado ¡…

Fermosa vila que d’encantos chea

E que o mar vai rolarte pol-o ondeaxe

Que a cotio de yodo te perfuma,

¡Que te saüdo¡…

E a o saudarte, cal a gaviota

que axiña cruza tu alongada ría,

Donde a vella Brigancia, os aires levante

Os meus suspiros

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s