Resumindo: A ESMORGA

P/ Luis Villar.

A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canonImagen2 literario. O libro foi adaptado ao cinema e mailo teatro e traducido a varias linguas.

Capitulo I: No primeiro capítulo Cibrán aparece declarando nun xuízo, narrando o acontecido nunha noite co Milhomes e o Bocas, dous amigos seus. No xuízo só fala el contestando ás preguntas do xuíz que actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán; aparece definido por un guión e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Cibrán nomea varias veces o “pensamento”, que é como o remordimento e o arrepentimento que sinte por aquela noite de troula, bébedo. Cibrán, descríbese como un home humilde, de clase baixa, que se acaba de reconciliar coa súa muller, e que quere refacer a súa vida e convertirse nun home responsable e respetable. Conta que cando vai cara o seu traballo, nun dia moi chuvioso atopa o Bocas e o Milhomes, dous amigos seus bébedos. Milhomes, tamén chamado “maricallas” ou “setesaias”, traballaba como xastre; tiña unha maneira de ser moi burlona, e as veces era moi bruto; esto ten como consecuencias pelexas. O Bocas, o líder do trío dos esmorgantes, é un home corpulento, forte, e por iso, vencedor nas pelexas. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra. Cando Cibrán os ve, estos convenceno para que vaia con elesde esmorga. E pasan o día enteiro polos baixos fondos da cidade de Auria, en Ourense, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar: Capítulo II Despois de seguir vagando por Auria, de bar en bar, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, que lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ó pazo e escapan de alí. Capítulo III Nunha das dúas aventuras, ó saír dunha taberna, deciden ir o pazo dos Andrada onde queren ver a unha fermosísima muller, xa que todos os do pobo din que alí vive, pero que pouca xente a ollou así que entran por un burato do xardín para podela ver, e consiguen vela, está na galería e un deles, O Bocas, queda namorado dela. Capitulo IV Despois, como ainda teñen algúns cartos, deciden ir a casas de alterne, pero da primeira vótanos fóra, e acusan o Bocas de asasino, decindo que a noite pasada deixou morto a un home; e na segunda tamén os votan; así que deciden voltar ós bares de bébeda. Empezan a pensar en fuxir deImagen3 Auria á mañá seguente nun tren, e entón aproveitan as últimas horas nun bar, pero un home advírtelles que a garda civil sospeita que van escapar e pensa esperalos na estación. Capítulo V Como O Bocas ten a teima de estar coa muller que viran pola mañá. Deciden voltar á casa dos Andrada; e así entran dentro da casa, onde o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Pero enfádanse o atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.

Para satisfacer a súa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e que quere ter moitos fillos, pero só con homes que ulan ben, o Bocas obrígaa a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O Milhomes intenta axuda-la muller, e colle unha navalla, e aínda que Cibrán intenta detelo, iste mata ó Bocas dunha coitelada, e logo fere, a Cibrán. O intentar fuxir cae nunha lagoa xeada, e afoga. Despois a garda civil colle a Cibrán , e cando este remata as declaracións o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e crávase con ela. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu, xa que tamén se mencionan os maltratos os que Cibrán foi sometido pola garda civil.

Comentario persoal: Creo que neste libro reflíctese moi ben a realidade da época no que está narrado, especialmente nos mundos marxinais da cidade de Auria, por como as persoaxes están descritas, o final e algo dubidoso quedando sen descubrir como foi a morte do protagonista, Cibrán.

—xOx—

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s