O meu primeiro día de escola.

p/ Amado Barrera

O primeiro día de escola quédase moito tempo grabado noalma do neno.Tanto que cando 5 anos despois así de ben o lembraban aqueles meus sempre tan amados alumnos, Quique, Ana, Lucía, Ana, Lucía, Irene, Ariadna, Adrián, Albino, outro Carlos V.,, Irene, Yoya, Almudena, Carlos P. Coma vedes, os relatos van sen os nomes,Imagen1 pero seguro que eles sabrán ubicarse, porque de seguro que aínda se lembran daquel o seu inesquecible PRIMEIRO DIA DE ESCOLA:

O meu primeiro día de escola levóume miña nai. Cando cheguéi, empecéi chorar, porque non quería ir. Pero miña nai convencéume. A profesora era moi boa, porque o primeiro día regalounos caramelos. O segundo día peguéille a un rapaz porque non me deixóu un coche para xogar no recreo. O terceiro día xa levéi os libros á escola para pintar e ler. Cando chegóu a hora do recreo xogamos todos ó futbol, menos as rapazas, que estaban canda a profesora. E o cuarto día sacamos unha foto cá profesora e cando as revelóu dóuno-las a nós para que as levasemos para casa.(Maio)

Lémbrome que estaba moi contenta, porque tiña as miñas amigas e lémbrome que o meu profesor, Antonio, que era de Lugo, chamábame “princesita”. Nos recreos escapábame cás miñas amigas. Non eramos moitos rapaces. Xogabamos cá plasti e limpiabamos a boca con flúor e tiñamos unha casiña con cousas pra cociñar. Xogabamos e ó mesmo tempo aprendiamos os números e as letras. E sacamos fotos en grupos para levar ás nosas casas(Tal)

O primeiro día que fun á escola estiven xogando con todos. Faciamos “puzles”, tamén xogabamos a un xogo no que os nenos eramos coches e a mestra un semáforo. Eu axudáballes ós nenos a ata-los cordóns dos zapatos, porque non sabía ningún e a mestra non daba acabado. A mestra sempre tiña colgadas nas paredes cartéis. Eu déille a unha rapaza cá porta dos servicios na cara e comenzóu a sangrar polo nariz. Nos recreos andabamos correndo pola horta do cura, cando non había ovellas nen carneiros, porque unha vez corréu detrás nosa un carneiro, pero saímos da horta e non nos colléu.(Tal)

A primeira profesora que tiven chamábase Maite, non era moi guapa pero era estupenda. Con ela aprendemos a atá-los zapatos e cosiamos, pero as agullas non tiñan punta; cosiamos con fío de lá nun recadro de madeira con buracos. Tamén faciamos fichas, pintabamos, cantabamos, xogabamos cós ábacos, con “puzles”, leiamos contos e ata escoitabamos música, e tocabamos as cunchas tódolos días media hora antes de marchar. A maior parte do tempo pasabamola dentro, Imagen2pero de vez en cando saliamos fóra, polo menos hora e media. Algunhas veces tocabamos as castañuelas ou as panderetas. Maite foi das mellores profesoras que tiven.(Abelleira)

O meu primeiro día de escola levóume miña nai pola man. Eu iba moi contenta porque tiña a mochila nova. Ó chegar á escola, o meu profesor, José Luis, que era de Lalín, colléume pola man e sentóume na alfombra, na que había xoguetes, cós meus comnpañeiros, máis grandes ca min -eramos Irene a máis eu sóas da mesma idade-, mentres falaba con miña nai. Pero logo marchou ela e eu non me enterara de que se fora, pero cando vin que miña nai marchara empecéi a chorar e o meu profesor puso música e doume xoguetes para que non chorase, pero foi o mesmo e seguín chorando. Jose Luis, xa farto de oirme, mandou a unha rapaza máis grande ca min a levarme a casa. Ó chegar a casa miña nai pegóume e volveume levar á escola e despois quedéi xogando con Irene ata a hora de sair.(Torea)

Lémbrome do día que cheguéi por primeira vez á escola: miña nai levóume e José Luis, o mestre, apuntóu o meu nome e preguntóume cómo me chamaba, cando nacera, etc… Logo miña nai marchóu e José Luis sentarame nunha silla. Despois, cando marchou miña nai, eu choraba moito e José Luis puña música para que non chorase. Despois José Luis colléunos a Lucía e máis a min e deixounos xogar durante todo o tempo. O segundo día xa tiña máis gana de ir á escola. Logo xa ía a escola moi contenta. (Torea)

O meu primeiro día de escola levóume miña nai, eu non tiña ganas de ir e choraba e choraba, e doíame a barriga, quería ir para casa e agochaba a cabeza e, de tanto que eu choraba, facía chorar a A. Eu nunca quixen ir á escola, pero agora vou e xa non choro coma antes, e pasoo moito mellor. A miña primeira profesora chamabase Ester, era boa, pero, como a min non me gustaba a escola, pois tanto me tiña se era boa ou mala.(Freixeiros)

O meu primeiro día da escola fun con A e eu estaba contenta pero A non, ela viña chorando e entón eu tamén me pusen a chorar e se a A lle doía a barriga, a min tamén. A min a profesora berrábame porque facía todo mal. O meu primeiro día da escola coñecín moitos nenos e xoguéi con eles, pero con quen máis xogaba era con Almudena, aínda que non xogabamos: chorabamos e queríamos ir pra casa. (Freixeiros)

O meu primeiro día de escola vin no coche cós meus pais. Miña nai levóume pola man ó patio cuberto e, tan pronto cheguéi, vin moitos nenos. Quino empezóu chamar nome por nome e de titora foi Ester: mandóunos agarrar a todos pola man e cada un tiña que dicir o seu nome na clase. Todos a xogar. Había un cabaliño de madeira e todos empezamos a andar nel e Ester dicía que fosemos en fila india.(Freixeiros)

O primeiro día de escola dibuxéime e senteime ó lado dunha rapaza que agora é a miña moza. Antes tiña moito medo pero ó cabo do tempo funme afacendo. Lembro que do medo que tiña temblabame a man e non era capaz de debuxar e máis a profesora dabame algo de medo, sobre todo Ramón, que tiña unha voz moi grave, pero era bó. Eu máis os da miña clase fomos os que estreamos a escola pequena. Hoxe en día teño un problema cun rapaz. (Freixeiros)

O primeiro día de escola fun con miña nai e tocóume estar cós amigos que non coñecía. Primeiro empecéi xogar con plastilina e logo facer debuxos e a semana despois fomos para unha escola de cor amarela, e había moitos xoguetes pero o que máis me gustóu foi un xogo que tiña pezas para montar.(Freixeiros)

O meu primeiro día de escola levóume miña nai pero eu non quería estar con ela porque estaba con Nacho, que nos coñecemos dende pequenos. Empecíe a chorar moito, porque quería estar cá nai de Nacho e miña profe pensaba que era a miña nai porque se ela marchaba eu empezaba a chorar, se quedaba comigo, empezaba a sorrir. A nosa profesora era moi mala, porque faciamos mal e gritabanos, era parecida a un mono, que sempre gritaba. (Freixeiros)

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Educación, Vivencias y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s