EVIL BASTARD
p/ Alianza Uhía Patiño
EVIL BASTARD é un grupo que nace ao amparo da Sala Nasmo, como vén sendo común, un grupo de colegas que se xuntan para formar un “algo” musical e facer algo diferente.
Empezaron cunha formación diferente da actual, só está Dani desa primeira raxeira e cóntame que agora son un equipo chulo, pero que “sempre fun buscando aos máis chalados do pueblo”. E agora pois están os chalados da vila e do concello veciño, Carnota.
Tres autodidactas, que aprenderon a tocar pola súa conta, escoitando e imitando. Dous deles, Dani e Dubi, asistiron a clases de Música, baixo e guitarra na Escola Municipal de Música de Carnota.
Ao non estar a formación sempre ao completo (ata o momento), non se puideron realizar concertos, e agora é o que máis desexan, en breve, dinme que se poderá asistiri ao “bautismo de lume” de Elvil Bastard.
Eles son:
Antón Beiro (Guitarra).
Daniel García (Baixo).
Lino Carregal (Voz).
Rubén ( Rufo ) Esmorís ( Batería ).
Rubén ( Dubi) Herrera ( Guitarra).
O estilo de música que fan englóbase no Metal, pero eles indican que é “Melodic Death Metal” ou máis axustado aínda “Schyzophrenic Metal”. As súas influencias veñen sobre todo do Death Metal Melódico e do Death Metal, con grupos como: Death, Arch Enemy, Allegaeon, Kalmah, Amon Amarth, etc.
Ensaian na Nasmo e xúntanse as fins de semana, aínda que coma moitos outros, ás veces por motivos laborais faise un pouco complicado.
En fin, que estes rapaces apostan forte e que en breve os veremos dando concertos!