p/ Santiago Llovo Taboada.
En marzo deste ano 2015 Manuel Antonio Franco publicou en TMT un excelente artigo titulado “A confiansa levárona os ingleses” no que nos contaba de onde viña este dito muradán. Con este novo artigo vaise afondar nas vicisitudes da embarcación chamada “Confiance” e, sobre todo, nas tropelías que causou na nosa costa logo do seu apresamento polas tropas inglesas.
A Confiance era unha corveta francesa de 117,7 pés de eslora (35,86 metros), 31,38 pes de manga (9,53 m) e 365 toneladas, que fora construída en Burdeos en 1797. Antes de ser apresada en Muros a primeiros de xuño de 1805 polas tropas inglesas, tivo unha intensa actividade como nave corsaria por medio mundo.
Existe na actualidade moita información sobre esta nave logo de que no ano 1800 prendese, preto da Illa Mauricio, á fragata Inglesa “Kent” moito maior en tamaño e número de canóns. Este feito supuxo un glorioso acontecemento para os franceses e a exaltación do seu capitán, Robert Surcouf (Saint-Malo, decembro de 1773 – 8 de xullo de 1827).
Sourcouf foi un corsario francés ao servizo de Napoleón I, famoso no seu tempo por enfrontarse ao bloqueo continental inglés no océano Índico, dende as illas de Mauricio a Reunión. Capturou un total de 47 naves, destacando a toma á abordaxe coa súa corveta “La Confiance” da mencionada fragata británica “Kent”. (Imaxe que se reproduce na páxina seguinte representa a Captura da fragata inglesa “Kent” pola corveta corsaria francesa “La Confiance”. Cadro pintado por Ambroise Louis Garneray.
Precisamente sobre Sarcouf fíxose en 1966 unha película, chamada do mesmo xeito que o seu apelido, na que se loaban as súas proeza. (Para o mercado español chamábase “El tigre de los siete mares”). Para a súa filmación construíuse unha réplica da Confiance.
A partir de 1803, logo de retirárselle a meirande parte do armamento, a Confiance adicouse ao cabotaxe (existe información contradictoria sobre este punto. Nalgún artigo de internet afírmase que cando foi apresada en Muros seguía adicándose ao corso), facendo rutas dende o norte de Francia ata portos do norte de España e do Mediterráneo.
Nunha destas viaxes, en xuño de 1805, o buque de guerra inglés “HMS Loira” (Con anterioridade fragata de guerra francesa do mesmo nome que tiña 44 canóns e que tamén fora apresada pola Royal Navy), ao mando de Sir Frederick Lewis Maitland, o apresa en Muros previa toma ao asalto da batería de costa e máis do castelo da vila.
Tal e como apunta Manuel Antonio Franco no seu artigo, nesta acción destaca o capitán (según outras fontes, tenente) James Lucas Yeo. Acción pola que foi ascendido e condecorado, ademáis lle outorgaron o mando dun dos buques apresados no asalto: a Confiance. A partir do momento do seu apresamento, a embarcación pasou a formar parte da Royal Navy, mantendo o nome orixinal engadíndolle as tradicionais tres letras HMS. (HMS son as siglas do inglés para «His/Her Majesty’s Ship«, que dende tempo inmemorial levan todos os buques da Armada británica).
Ao tratarse dun buque rápido e robusto o HMS Confiance levouse inmediatamente a Inglaterra para armala de novo, clasificándose inicialmente como balandra de guerra. Ante as prestacións que ofrecía a embarcación, o almirantazgo reclasificouna como de sexta clase, se lle instalaron 24 canons en Plymouth e se lle asignou unha dotación de preto de 140 homes (Cando era corsario francés chegou a levar máis de 200 homes a bordo), ao mando do recén ascendido comandante Yeo. Sen perda de tempo ordenóuselle volver a zona onde foi apresada, coa obriga de acosar a todo navío inimigo, impedindo o tráfico de mercadorías na costa norte de España. O que se vai relatar de seguido é a incursión que a Confiance fixo a principios do ano 1807 nos arredores de Muros.
Antes de entrar en materia cómpre lembrar que os navíos de guerras das distintas potencias da época actuaban como verdadeiros corsarios, apresando, requisando e mesmo queimando toda canta embarcación e mercadoría inimiga lle saía ó paso, levando o capitán e tripulantes parte do botín “de guerra” acadado.
A historia que se vai a relatar de seguido sabémola pola declaración que don Ramón Hervella, matriculado de Porto do Son e patrón dunha lancha de pesca desta vila, outorgou ante un escribán o 26 de xaneiro de 1807. Na escritura de protesta, que pola súa singularidade se vai a reproducir practicamente na súa totalidade, o mencionado patrón relata pormenorizadamente o que lle sucedeu a el, e a outros veciños da bisbarra, neses primeiros días do ano 1807: “ … habiendo salido en la madrugada del día 6 del corriente patroneando la lancha nombrada “San Antonio y Ánimas”, (Sen lugar a dúbidas o nome de embarcación máis repetido en toda a costa galega naquelas datas), propia de su suegro Roque Carvallo también matriculado en cuya casa y compañía vive, desde este referido puerto del Son a Santiago de Louro, distancia de legua y media poco más o menos, atravesando la ría con dicha lancha, estanca de quilla y costado, apertrechada con todo lo necesario para la navegación, tripulada con los también matriculados por el referido puerto, a saber ….. y Josefa Mariño junto con Roque Antonio Carballo que iban de pasajeros a comprar fruta … con pensamiento de ajustar el que dice unas pocas redes u aparejos de pescar llamadas volantas, hallándose más cerca de dicho Louro que de este puerto, a tiempo que rompía el día vieron venir acia ellos dos embarcaciones (transcrición literal desta e doutras palabras do documento de protesta), que creyeron dornas, y
habiéndosele puesto cada una al costado de dicha lancha reconocieron eran ingleses armados con fusiles, pistolas y sables, que excedían al número de 60 personas y a quienes de ningún modo podían resistir por hallarse sin armas y ser las fuerzas tan desiguales.
El que comandaba los botes ingleses, que según después vió, era el capitán de la corbeta inglesa Confianza, que está a la mar a unas seis leguas sobre el cabo de Finisterre, hizo detener la lancha del otorgante, diciéndole formal y solemnemente que le devolvería dicha lancha después de que hiciese una o dos presas … hizo subir al bote a el y a varios de sus tripulantes … y dispuso que uno de sus oficiales con veinte hombres viniesen a apresar y sacar de cerca de los muelles de este puerto una pinaza que había de Muros, propia según después supo de Roque González, de aquella matrícula, y habiéndolo así ejecutado, después de que se juntaron, dejó la pinaza a su patrón y transbordó a ella a varios de sus tripulantes y pasajeros con algunas redes que había en la lancha detenida … y como observase dicho capitán inglés que había otra falúa o pinaza en el sitio que llaman debajo del castro de San Esteban de Queiruga muy cerca de tierra … se dirigió en unos de los botes y la apresó, que era de un tal Baldomar de Corcubión, y desde allí se dirigieron todos a la referida corbeta Confianza a la que llegaron a eso de las tres de la tarde del referido día seis. Luego embarcaron todos en dicha corbeta navegando hacia el oeste, y a la noche el mismo capitán mandó que bajase con dos ingleses a su lancha para que la gobernase y aguantase … .
A la mañana siguiente tripularon otra lancha, (era moi frecuente que utilizasen lanchas de pesca para poder acercarse as posibles presas sen levantar sospeitas) con ingleses, fusiles, sables, pistolas y la enderezaron a las islas de Sias, en la ría de Vigo … al cabo de unos cuatro o cinco días el oficial que destinara el capitán inglés en la lancha se les acercó con un quechemarín apresado llamado Victoria, que según después supo lo patroneaba Isidro Rodríguez de Corcubión y con otra lancha de un tal Pioquinto Rodríguez, vecino de Finisterre, … y cuando el capitán inglés hiva a entregar la lancha al otorgante en cumplimiento de la palabra dada, se halló la novedad de que el subalterno inglés despóticamente y sin orden del mencionado capitán la había mandado a puerto. En la mañana del día diez y siete del dicho enero desembarcó al Ramón, …. y otros prisioneros que venían a bordo en la ciudad de Porto, en Lisboa, desde donde caminaron por tierra hasta este su puerto al que llegaron en la noche del día de hayer … vajo juramento en forma legal y voluntaria dijeron unánimemente que todos y cada uno de los echos y pasajes aquí relacionados fueron ciertos y es la verdad … y para que en ningún caso este funesto suceso le cause el menor perjuicio … protestan, una, dos, tres, y las mas veces necesarias contra dicho capitán inglés, su subalterno, corbeta …”.
Apareceron outras informacións posteriores a estes sucesos nos que se acredita que todo o 1807 e parte do 1808 a HMS Confiance continuou “operando” nas costas galegas e portuguesas. En 1809 atravesou o Atlántico prestando servizo nas costas de Brasil e na Guayana Francesa. En 1810 a Royal Navy vendeu a embarcación, adicándose dende ese momento á navegación de cabotaxe polas costas americanas (Posteriormente existiron outras embarcacións da Royal Navy co mesmo nome).
Seguro que a moitos dos lectores deste artigo o HMS Confiance e o capitán Yeo lémbralles a outro capitán e a súa embarcación. Me estou a referir a Jack Aubrey, capitán da corveta HMS Sophie, protagonistas da novela “Master and commander (comercializada no noso pais co nome de “Capitán de mar y tierra”) de Patrick O’Brian, adaptada espectacularmente ao cinema no ano 2003. Lembren que a época na que se ambienta a novela e a mesma, de igual xeito que estamos ante embarcacións practicamente idénticas.
Cada vez que se senten nas rochas de Monte Louro, preto do faro, escoiten o mar, pechen os ollos e deixen voar a súa imaxinación. Teñan presente que alí mesmo, hai máis de douscentos anos, sucederon estas e outras moitas cousas que son parte da nosa historia. Eu xa o fixen.
En Esteiro a 9 de outubro de 2015.
Santi Llovo..