OS CREGOS DA VILA

p/ José Mª García Rodríguez.

 

Os cregos da miña Vila,

Deus llo pague, maus non eran:Imagen3

o Currión, o Raboto,

o Papuseiro e Penela.

 

Don Ramón, o Currión,

era pequeño e gordiño,

rebuldeiro e pedinchón,

coma calquer cadeliño.

 

Canda na misa maior,

o evanxelio pregoaba,

os homes iñan pra porta,

e a il, o Demo o levaba.

 

Un mundo botaba alí

de pestes de todo o mundo,

e pra falar unha hora

non tiña que coller pulo.

 

Namentras, uns homes fumanImagen4

outros mollan a palleta,

o sol, mazán colorada

baila por riba da eirexa.

 

Don Manoeliño, o Raboto,

“vivía con esperanzas»

As espranzas dir pra o ceo

e unha Esperanza na casa

que, máis que poza de rua,

andaba chea de lama,

 

Cando misaba cediño,

na capeliña do Carmen,

iñan alí dúas vellas,

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

un aleixo e tres rapaces.

 

Nós quería confesar

porque a xente e sinvergoña.

De cada cen, cento dez,

pode máis, perdera a conta.

 

Por non dar non daba a hora,

pechaba a porta ao xantar,

e os rapaciños da Vila,

o que lle foran armar,

que misaba coa criada,

riba da pedra do lar.

 

Don Francisco, o Papuseiro,

tén a sona coma o mel,

e coma o probe e tan doce,

aos probes, dálle o que tén,

 

As nove dí súa misa,

predica máis mal que ben,

e a quen lle oferta un netiño

de viño váillo aprouguer.

 

De noite confesa doentes

e cando algún nono fái,  dille:

—Lévanche pra Atalaia.

Vánche a enterrar coma a un can.

 

Cando máis peneque está,

chama a todos «meus bonitos»,

A xente bícalle as mans

e retruca con cariño.

 

—Vélo ei vái o crego bó;

vélo ei vái san Francisquiño..,

 

Bó rezador de rosarios

e cantor dos evanxelios,

don Manuel Penela é

o pirmeiro antre os pirmeiros.

 

Co parachuvias na man,

fachendoso e ben vestido,

vái pola calle de Abaixo

máis teso que un señor bispo.

 

Faladores, que non faltan,

chámanlle «crego de ricos»

e dín, as agochadiñas,

que do mundo tén dous fillos.

 

Pro, coma leria e conversas

non lle enrugan seu ombrigo,

e na eirexa do Señor

hai ovellas e cabirtos,

polas maus ou polas boas,

dalle os diviños ensinos,

e que queiran ou non queiran,

fáinos andar dereitiños…

 

Coma vedes, maos non eran

os cregos da miña Vila.

Alén do vado da morte,

Deus Iles dé a saúdiña.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s