p/ Manuel Lago Álvarez
Dos tres Bispos Diego de Muros, nados na nosa Vila, aínda hai moito que escribir para lembrarlle a propios e alleos a impronta que estes tres muradáns deixaron na historia de España e de Galicia nos séculos XV e XVI.
De Don Diego de Muros III están aparecendo multitude de escritos que nos falan de un home entregado ás artes e as ciencias, sen deixar de lado a súa preocupación polo benestar das xentes pobres. Que foi o valedor diante dos Reis Isabel e Fernando para que estes levaran adiante a a construción do Hospital Real de Santiago, e que il mesmo foi o administrador do hospital ata a súa morte acontecida no ano 1525, son feitos históricos perfectamente documentados.
Contan as crónicas que no ano 1475?, don Diego soubo que o rei Fernando se atopaba en Segovia e alí foi para propoñer ao rei a fundación e construción dun hospital en Santiago que dera asistencia aos pobres da cidade e aos moitos peregrinos que chegaban a Compostela para honrar ao Santo Apóstolo.
Xa diante do Rei, Don Diego (naquelas datas Dean da Catedral de Santiago) expuxo ao Rei os seus proxectos, contestándolle o monarca: ¿Cómo es eso. Deán? ¿Véisme en el hospital y queréis que hagamos hospitales?». Ao que don Diego, bicándolle a man, respondeu: «Señor: haga V. M. este servicio a Dios y a sus pobres, y yo lo sacaré del hospital». Pero non foi ata o ano 1486, (ano no que os reises visitaron Santiago), que os reises decidiron erixir o solicitado hospital, encargando ao arquitecto real Enrique Egas o diseño do edificio.
Coa conquista de Granada, e repostas as arcas reais, polo ano 1499 os reis acordaron doar un tercio do Voto de Santiago para levar adiante tan grande obra que se executou entre 1501 e 1511. Tamén os Papas ofreceron indulxencias a cantos cooperasen económicamente. Dende o primeiro momento Don Diego foi nomeado procurador das obras e o seu administrador perpétuo.
Sendo bispo de Oviedo e administrador do hospital, e preocupado porque as atencións médicas no hospital non decaeran por falta de medios económicos, o 19 de agosto de 1518 asinou diante do escriban Joan Ortiz, carta de doazón persoal por importe de dous mil ducados de ouro. A carta de doazon dí:
“In dei nomine Amen sepan quantos esta carta de donación vieren como nos don diego de muros…. obispo de ouiedo….. administrador general del hospital….. otorgamos e conozemos e dezimos que por quanto nos hemos fundado el colegio se dize de san saluador de ouiedo en la cibdad de salamanca el qual avnque le hemos dado y doladoRenta e dezimos que por quanto nos hemos fundado el colegio que se dize de san saluador de ouiedo en la cibdad de salamanca el qual avnque le hemos dado y dotado Renta no tiene tanto que le baste para los gastos grandes que en el se hazen y por que tan santa e pia hobra onon decaya antes vaya adelante es nuestra yntencion de ayudar en lo que pudiéremos para ello, otrosy acatando ansymismo los grandes gastos que se hazen en el dicho hospital de santiago en curar e alimentar los pobres peregrinos que a el ocurren de todas las naciones que alli vienen en Romería y de otras partes y en criar los niños spositos que alli se hechan e otras muchas hobras pias porende assi por esto como por otras muchas causas justas e santas e por seruicio de dios nuestro señor e nuestra propia libre e agradable voluntad por la presente hazemos gracia e donación pura mera e inrrevocable ques dicha entre vibos al dicho Colegio de salamanca e al dicho hospital de santiago de seys mili ducados de oro en esta manera los quatro mill ducados para el dicho Colegio E los otros dos mill para el dicho hospital de santiago los quales dichos seys mill
ducados que ansi donamos señalamos e damos en las debdas que nos son devidas de la Renta deste nuestro obispado de los años de quinientos e quinze e diez e seys e sy aquellos no bastaren lo que fallare se cobren de las Rentas del año de quinientos e diez e siete especialmente las debdas que nos deven las personas siguientes (nombra unos 40) (Oviedo 19 Agosto 1518 —ante San Joan Ortiz escribano.)